fbpx

NOVA CONVOCATORIA DO PROGRAMA RE-ACCIONA – INDUSTRIA 4.0

NOVA CONVOCATORIA DO PROGRAMA RE-ACCIONA – INDUSTRIA 4.0

O vindeiro luns 29 de xaneiro ábrese unha nova convocatoria do programa Re-acciona – Industria 4.0, a través do cal, as empresas galegas poderán achegarse a industria 4.0 para mellorar a súa competitividade. Este programa coordinado polo Igape, está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O prazo para a presentación de solicitudes será os seguinte:

tabla1

Os períodos de admisión de solicitudes anunciaranse na páxina web do Igape (http://www.igape.es/reacciona) e na súa oficina virtual (http://tramita.igape.es), e serán os especificados na convocatoria.

Dentro dos prazos establecidos na resolución de convocatoria, os solicitantes deberán cubrir un formulario descritivo do proxecto a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.

Os servizos ofertados neste programa son os seguintes:

tabla3_noticia

  1. Servizo de diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións Industria 4.0.- Neste servizo analizarase a situación actual da empresa e farase unha detección das súas capacidades para orientarse cara a unha Industria 4.0. Tras a elaboración deste diagnóstico inicial a contratista identificará as necesidades organizativas e tecnolóxicas que lle permitan á empresa incorporar novas tecnoloxías e preparará un itinerario de implantación tecnolóxico.
  2. Servizo de acompañamento na posta en marcha de solucións Industria 4.0.- Trátase de xestionar o proxecto de implantación dun mínimo de 2 medidas de solucións Industria 4.0 consideradas de maior relevancia pola empresa procedentes dun diagnóstico de capacidades que pode ser realizado dentro deste programa ou ben pode ser resultado doutra análise que ofreza similares resultados.
  3. Servizo de xeración de modelos e simulación industrial.- Consiste en executar un proxecto de xeración de modelos e simulacións sobre os mesmos. Deste xeito, debe existir un produto, prototipo ou proceso que sexa susceptible da súa modelización, así como un problema a resolver para o que se necesite realizar procesos de simulación sobre o modelo xerado.