fbpx

Estratexias de mercadoctenia: Influencers para impulsar un pequeno negocio

Estratexias de mercadoctenia: Influencers para impulsar un pequeno negocio

O frecuente uso das redes sociais por parte da posible clientela do teu negocio implica necesariamente que se deban establecer estratexias que permitan sacar o máximo proveito destas redes. Porén, non só debemos ter en conta este aspecto, senón outros como os influencers ou persoas de influencia, que contan cunha ampla visibilidade e relevancia en Internet e que teñen a capacidade de repercutir nas decisións doutros.

Actualmente, Instagram é unha das redes sociais que máis medrou en usuarios e que conta con maior fidelización. Por este motivo, moitas empresas planifican estratexias de mercadotecnia que implica a colaboración con persoas de influencia. Pero, como se define unha campaña de influencers?

1. Realizar unha busca dos posibles influencers máis relevantes para os nosos produtos ou servizos, centrándonos nos que máis se identifiquen cos valores e coa imaxe da noso negocio.

2. Definir o tipo de colaboración que imos ter con esta persoa de influencia, para o cal debemos establecer unha estratexia clara que defina todas as accións que queremos que realice esta persoa e a duración desta colaboración, que pode ser a longo prazo ou puntual.

3. Concretar unha serie de KPI, indicadores que midan o rendemento da campaña de influencer, e coñecer os resultados que obtemos.

Os criterios para escoller esta persoa de influencia deben basearse nos seguintes aspectos: relevance (a calidade das súas publicacións e o posible impacto no noso público obxectivo), reach (o número de usuarios aos que repercutiriamos) e resonance (o nivel de fidelización dos usuarios).

Un dos erros que máis se cometen nestes casos é buscar os que teñen máis seguidores, sen ter en conta se eses corresponden co noso público obxectivo. De aí que sexa tan importante realizar un estudo da audiencia deses influenciers, porque establecer relación comercial con algún que teña menos seguidores pode resultar un éxito para a nosa empresa.

Fontes: http://www.puromarketing.com/https://www.inboundcycle.com/