fbpx

É máis importante o consumidor dixital ou o que vén á nosa tenda física?

É máis importante o consumidor dixital ou o que vén á nosa tenda física?

Ata non hai tanto as empresas centrábanse exclusivamente nos clientes que acudían ao seu establecemento comercial, pero co aumento do uso de Internet e das redes sociais é moi importante ter en conta tamén o cliente dixital.

A pesar de que os dous tipos de consumidores son importantes en todo tipo de negocios (offline ou en liña), achegamos algunhas razóns que explican o maior poder que ten o cliente dixital:

  • Posúe unha gran cantidade de información á súa disposición para a toma de decisións, tanto en Internet como nas redes sociais. Nunha tenda física o cliente pode obviar outras ofertas ou prezos do produto doutros establecementos. A clave para a empresa é ter un bo posicionamento de marca ou da páxina web na rede.
  • A influencia na decisión de compra. Mentres que no proceso de compra a interacción é controlada polo cliente dixital, xa que este pode decidir onde quere estar e canto tempo, na tenda física o cara a cara co vendedor pode influír na súa decisión. Neste caso é importante amosar ben o produto ou servizo que queiramos vender, facelo atractivo.
  • O alcance da non conformidade co produto é maior, xa que o usuario, ao empregar unha canle de uso masivo como as redes sociais ou blogs para dar a súa opinión, esta ten un impacto negativo maior para a marca que o dunha queixa nun negocio local. Por outro lado, unha crítica positiva pode darlle unha boa imaxe á empresa. O máis importante nestes casos é saber facer fronte a unha mala crítica e mitigar o posible efecto negativo.

Despois do comentado anteriormente, inflúe o tamaño da empresa á hora do impacto dos clientes dixitais? Ou só as grandes empresas deben establecer estratexias específicas para o contorno dixital?

Fonte: http://www.juancmejia.com/