fbpx

Retos para as pemes neste novo ano

Retos para as pemes neste novo ano

Un novo ano sempre supón novos retos, e para as pemes non vai ser menos, especialmente se queren crecer e ter éxito durante o 2018. Existen diferentes factores externos (como pode ser a situación económica) ou internos (a falta de recursos da empresa) que inflúen na maneira de afrontar estes desafíos. Segundo os expertos, estes son os principais retos que terán as pequenas e medianas empresas neste ano:

  • Obtención de financiamento, especialmente se o negocio vai expandirse internacionalmente ou acometer o proceso de transformación dixital. As ferramentas que máis se están empregando para isto son os créditos de provedores, así como as liñas de crédito ou os préstamos bancarios. Pero gañarán peso cada vez máis outras alternativas menos tradicionais, como son as plataformas de financiamento colectivas (crowfunding), as fintechs e as criptomoedas.
  • Maior competitividade como outras empresas homólogas europeas. Para isto é necesario facer unha renovación das ferramentas empresariais tradicionais empregadas no día a día. Neste proceso innovador, aliarse e cooperar con outras organizacións axuda a afrontar custos e ser máis flexibles ante posibles flutuacións do mercado.
  • Captación de talento, escaso en determinados sectores e perfís profesionais que son necesarios no escenario empresarial actual e que está por vir. A pesar do papel que representa a pequena empresa na creación de emprego, terá que competir coas grandes empresas na atracción dos mellores profesionais.
  • Tecnoloxía e automatización. Se as pequenas empresas non queren quedarse atrás, teñen que dar o salto dixital definitivo, especialmente na relación cos provedores e os clientes. A introdución de novas tecnoloxías, adaptando o negocio ao contorno dixital, será algo moi importante.

Despois de ver o escenario que se presenta para as pemes neste novo ano, cal consideras que é o reto máis difícil de afrontar? Engadirías algún máis que será relevante?

Fontes: http://www.expansion.com/pymes/http://empleotrabajomadrid.com/