
02 Jan As claves para crear novas liñas de negocio
Posted at 16:26h
in blog
O remate do ano supón para unha empresa a análise dos resultados obtidos ao longo dese período, así como o momento para planificar as novas pautas e estratexias que se van seguir, especialmente se queremos continuar crecendo e non estancarnos. Neste senso, moitas delas aproveitan para diversificar as actividades ou desenvolver novas liñas de negocio.
Neste novo camiño para a empresa, debemos ter en conta tres aspectos clave:
- A análise de mercado: é importante analizar onde encaixaría no mercado a nosa nova liña de negocio, sen obviar a resposta do mercado á nosa oferta actual. Algunhas das cousas que debes evitar son, por exemplo, a aposta por unha nova liña de negocio que non podes afrontar debido a gastos excesivos ou o descoido da túa idea de negocio orixinal nese proceso.
- Os novos clientes: coa diversificación da nosa oferta podemos consolidar a nosa clientela, pero tamén é unha oportunidade para chegar a aquela parte de consumidores aos que no lles interesa o que vendemos. Ao estudar os seus perfís e necesidades, podemos ofertar servizos ou produtos que cumpran as súas expectativas.
- A estratexia de marketing: cunha nova liña de negocio xeramos unha nova marca, da cal debemos planificar unha estratexia comercial. É especialmente importante establecer cales son os recursos que imos dedicar e cal vai ser o protocolo na comunicación dese novo produto ou servizo, o cal é recomendable que sexa progresivo.
Este novo ano supón, polo tanto, unha oportunidade para renovar ou diversificar a túa actividade empresarial. Consideras que existen desvantaxes de ter diferentes liñas de negocio ou todo é positivo?
Fontes: http://www.emprendedores.es/, https://www.programagestioncomercial.es/