
28 Dec Como serán os espazos de traballo do futuro?
Posted at 10:00h
in blog
A pesar de que en xeral se fala máis dos cambios que están sufrindo as empresas a nivel tecnolóxico, a dixitalización está mudando a maneira de traballar e con elo os espazos de traballo.
A continuación, achegamos algunhas tendencias que estarán presenten nos espazos de traballo do futuro:
- A flexibilidade: as necesidades cambiantes das empresas e a incerteza sobre o futuro, fai necesario o deseño de espazos con capacidade de adaptación para que poidan ser modificados facilmente.
- A eliminación de fronteiras de xerarquía: amplo rango de espazos para que o traballador poida elixir onde e como quere traballar en función da actividade que está realizando en cada momento, independentemente da súa posición xerárquica.
- Unha volta á natureza: a pesar da inclinación por espazos onde abundan a tecnoloxía e o artificial, apóstase por introducir elementos que representen a natureza. Mediante o emprego de materiais reciclados, espazos abertos ou a iluminación natural.
- A colaboración: o aumento da mobilidade dos traballadores, fai que moitos poidan realizar as súas tarefas dende calquera lugar. Polo tanto a oficina, pasa a ser un lugar de encontro para o traballo en conxunto e de cooperación.
- Os espazos inspiradores: contornos nos que o empregado que pasa gran parte do seu tempo, poida relaxarse, relacionarse e aprender dos seus compañeiros ou doutras fontes que fomenten a creatividade.
Despois do comentado anteriormente, consideras que as condicións do espazo de traballo inflúe na produtividade do empregado ou hai factores máis importantes nos que o teu negocio ten que poñer atención?
Fonte: https://www.muypymes.com/