fbpx

As tecnoloxías imprescindibles para afrontar con éxito o 2018

As tecnoloxías imprescindibles para afrontar con éxito o 2018

A adopción de tecnoloxías é algo necesario se as empresas queren avanzar no seu proceso de dixitalización. Agora que está rematando o 2017, é un bo momento para facer balance de cales son as tecnoloxías que serán relevantes para o vindeiro ano e que se deben ter en conta:

  • O chatbot. Este tipo de software de intelixencia artificial, deseñado para realizar unha serie de tarefas pola súa conta sen intervención humana, será cada vez máis empregado no ámbito de comunicación para automatizar certas tarefas, especialmente para a atención a clientes finais.
  • Interface de voz. A posibilidade de enviar mensaxes de voz está cada vez máis presente nas diferentes apps de mensaxería e o emprego de audios por parte dos usuarios é cada vez maior. Polo tanto, os asistentes de voz serán máis valorados e demandados polos clientes.
  • Intelixencia artificial. A necesidade de coñecer máis sobre o comportamento e as emocións dos nosos clientes fai que este campo ofreza múltiples posibilidades. Dende técnicas de recoñecemento de voz para mellorar a experiencia do usuario, a algoritmos que analizan as mensaxes de texto e de voz van permitir analizar en tempo real a reacción da clientela.
  • Internet das Cousas (IoT). Xa existen produtos vinculados a unha rede en liña, grazas á cal é posible manexar as súas funcionalidades. Nas empresas, isto suporá que múltiples dispositivos IoT se poderán comunicar entre si.
  • Blockchain. O aumento do uso e o almacenamento de datos implica a necesidade de coordinar esta información de forma ordenada no tempo e sen posibilidade de modificación nin revisión.

Despois do comentado anteriormente, que outras tecnoloxías ou avances en innovación consideras que serán importantes para o ámbito empresarial ao longo do vindeiro ano?

Fonte: https://www.merca2.es/