
19 Dec Design thinking, un método para innovar na túa empresa
Se algo caracteriza as grandes organizacións é a necesidade de estar en constante proceso de renovación para poder manterse na elite. É por iso que son as que máis empregan diferentes métodos para chegar a innovar, e que as medianas e pequenas empresas poden tomar como referencia para aplicar nas súas organizacións.
O design thinking ou “pensamento de deseño” é un destes métodos para innovar na empresa, grazas a produtos ou servizos que tenden a satisfacer mellor as necesidades dos usuarios, grazas á súa participación activa no proceso de creación. Esta metodoloxía segue fundamentalmente cinco pasos:
- Sentir empatía. Para crear un produto que conecte co consumidor cómpre experimentar de primeira man o que sente este no seu propio contorno, analizando as súas necesidades, problemas e desexos.
- Definir o problema. Débese analizar cales son as nosas oportunidades e cales son os desafíos ou problemas que hai que resolver para poder achegar solucións innovadoras.
- Idear varias solucións. É necesario levar a cabo un proceso de brainstorm (tormenta de ideas), no que a participación sexa alta para obter o maior número de ideas, xa que ter diferentes perspectivas é moi importante.
- Desenvolver prototipos. Cómpre materializar a idea final para facela máis real e poder analizar desta maneira as súas debilidades, o seu potencial ou os aspectos que hai que perfeccionar.
- Avaliar e testar os prototipos. O usuario proba o prototipo final e grazas ao feedback que ten lugar neste proceso logramos coñecer se satisfai o consumidor, que é o que debemos mellorar ou se hai que buscar outra solución.
“Os homes de negocios terán que parecerse máis aos deseñadores” é unha frase de Tim Brown que resume esta tendencia á hora de innovar. Que outras maneiras coñeces para darlle un novo impulso ao teu negocio?
Fonte: http://bienpensado.com/