fbpx

Cales son os erros que cometen as empresas á hora de innovar?

Cales son os erros que cometen as empresas á hora de innovar?

Unha das razóns fundamentais de que as empresas non fomenten a innovación é o medo ao fracaso, xa que, ao fin e ao cabo, supón afrontar un risco que pode saír mal. Aínda así, innovar é algo que non deben obviar, especialmente se observamos datos como os do informe Digital Vortex: How Digital Disruption is Redelining Industries, que reflicte que catro de cada dez empresas corren o risco de  desaparecer en cinco anos se non apostan pola innovación e non se reinventan para afrontar o desafío dixital.

Polo tanto, se tomamos a decisión de innovar no noso negocio, que erros son os que debemos evitar neste proceso?

  • Agardar resultados nun período curto de tempo cando os investimentos xeralmente son gastos que xeran froitos a medio ou longo prazo. Ademais, a innovación precisa dunha planificación e incorporala ás estratexias e aos obxectivos da empresa require do seu tempo.
  • Emprender este proceso en solitario, sen apostar pola innovación aberta. A cooperación con outras empresas ou expertos axuda a ter máis coñecementos e ideas, o que enriquece a innovación.
  • Apoiarse soamente en recursos propios e non buscar alternativas para conseguir o financiamento necesario. Existen múltiples programas para fomentar a innovación e a creatividade, tanto a nivel nacional como internacional.
  • Desaproveitar a oportunidade de internacionalizarse, xa que a través da participación en programas internacionais de innovación podemos estudar e analizar novos mercados potenciais para o noso negocio.

Despois do comentado anteriormente, ves a innovación como un risco que cómpre evitar ou un proceso para aprender a ter éxito en termos de competitividade e de supervivencia da empresa?

Fonte: http://www.blog.corporaciontecnologica.com