
23 Nov Como poden contribuír as tecnoloxías green IT ao impacto medioambiental das empresas?
Cada vez as empresas son máis conscientes do importante que é levar a cabo prácticas que busquen reducir o impacto ambiental. O sector TIC supón unha oportunidade, pois ofrécelles ás empresas ferramentas e innovacións para unha produción máis respectuosa co medio.
Estamos a falar das green IT, tecnoloxías e prácticas respectuosas co contorno que achegan grandes beneficios para a propia actividade empresarial. A continuación, amosamos cales son os principais:
- Os dispositivos que permiten o seguimento e o control dos consumos, de maneira que, grazas á monitorización, se consigue a redución do gasto de enerxía.
- As tecnoloxías de baixo consumo, das que poden dispoñer as empresas TIC para lograr unha gran produtividade con pouco consumo.
- Os dispositivos de materiais pouco contaminantes, así como o emprego de enerxías renovables.
- O cloud computing, xa que a nube evita que teñamos que dispoñer de información e realizar tarefas e procesos mediante o uso de dispositivos locais.
- As infraestruturas intelixentes, formadas por edificios que logran unha redución importante do consumo e o impacto no medio, así como por centros loxísticos nos que, grazas ao coñecemento da experiencia do usuario co big data, se reducen os stocks.
- As tecnoloxías de comunicación e mobilidade, que reducen os desprazamentos e, polo tanto, o consumo enerxético, fomentando o teletraballo.
O descoñecemento destas tecnoloxías impide, a miúdo, que as empresas asuman hábitos respectuosos co medio natural, pero pensas que esta é a única razón pola que non se implantan este tipo de prácticas ou se cadra pode ser por motivos de rendibilidade económica?