fbpx

Cales son os obstáculos que hai que superar para ser unha empresa máis competitiva?

Cales son os obstáculos que hai que superar para ser unha empresa máis competitiva?

A miúdo as empresas levan a cabo prácticas e rutinas que non favorecen o seu desenvolvemento e, polo tanto, a mellora da súa competitividade. Estas poden variar en función da organización, razón pola que xorde a necesidade de analizar cales son as que están a impedir o noso crecemento como negocio.

A continuación achegamos algunhas das barreiras máis frecuentes a nivel interno que bloquean o crecemento dunha empresa para ser máis competitiva:

  • A preferencia pola comunicación vía correo electrónico por riba da interpersoal. A comunicación escrita pode dar lugar a malas interpretacións e, polo tanto, existe a posibilidade de que non se transmita a mensaxe que se pretendía axeitadamente.
  • As reunións longas e improdutivas, nas que adoitan participar máis persoas das que son necesarias. É recomendable que estas xuntanzas duren o tempo xusto para que sexan produtivas e para conseguir chegar a unha solución.
  • Os ambientes ruidosos e cheos de distraccións que dificulten o traballo, a comunicación e o bo desempeño das tarefas. É importante controlar os niveis de ruído e a temperatura e manter unha orde para incrementar a produtividade.
  • Non delegar realmente responsabilidades. A pesar de que a teoría di que si, non é raro que na práctica se cuestionen as decisións tomadas polas persoas nas que se delega.
  • O esquecemento da innovación. A miúdo as empresas son conscientes de que teñen que innovar, pero realmente non apostan polo cambio. A fixación de metas pequenas, analizando os resultados obtidos, é un bo paso para comezar.

Despois do comentado anteriormente, que práctica empresarial consideras que se reproduce máis frecuentemente e que se debería erradicar? Que outras barreiras coñeces que bloquean o crecemento das organizacións?

Fonte: http://latecla.co/