fbpx

Cales son as claves da comunicación en liña das boas prácticas empresarias?

Cales son as claves da comunicación en liña das boas prácticas empresarias?

Un dos erros máis habituais que cometen as empresas á hora de comunicar as súas accións de responsabilidade empresarial é a maneira na que o fan. É frecuente que se realice de maneira impersoal e como simple folleto informativo nas páxinas web. Pero se no noso negocio temos instaurada unha política de redución do emprego de papel, por que non facer que esta chegue ao coñecemento dos nosos clientes ou do resto da sociedade?

Internet é unha canle que nos ofrece posibilidades para achegar a mensaxe que queremos transmitir, especialmente as redes sociais, pero tamén debemos aproveitar a páxina web como un espazo máis que corporativo. A continuación, falamos dalgúns aspectos que debemos promover:

  • A interacción en liña e o diálogo co noso público e cos grupos de interese, de maneira que fomentemos a implicación nas nosas políticas de responsabilidade empresarial.
  • A transparencia, comunicar con claridade como levamos a cabo todas as nosas accións, coa predisposición sempre de ser quen de responder ás cuestións e dúbidas que nos expoñan.
  • A personalización da comunicación, analizando como quere recibir a información cada un dos nosos grupos de interese, e establecendo diferentes estratexias en función das características do público ao que nos diriximos.
  • A escoita, aprender a prestarlles atención ás ideas que nos chegan ou os consellos que recibimos do noso público. É unha boa forma para que os clientes se identifiquen co noso negocio, ao saber que participan nas nosas accións de responsabilidade empresarial.

Moitas empresas desanímanse porque pensan que non se coñecen as boas políticas que levan a cabo, consideras que se debe a que cren que desaproveitan a oportunidade de transmitir unha boa imaxe?

Fonte: www.expoknews.com