fbpx

O employer branding, unha maneira de atraer talento á túa empresa

O employer branding, unha maneira de atraer talento á túa empresa

Cada vez é máis frecuente que os empregados busquen algo máis que unha boa remuneración no seu posto de traballo, razón pola que, para atraer talento á empresa, é necesario que esta se converta no lugar onde todo o mundo quere traballar.

É por iso que moitas empresas levan a cabo políticas para que o persoal se identifique con elas e sexa feliz no seu posto de traballo. Esta tendencia de crear marca de empregado, denominada employer branding, ten un impacto positivo no departamento de recursos humanos. Pero, que facer para atraer talento ao noso pequeno negocio?

  • A flexibilidade nas condicións de traballo, en función das necesidades do empregado, converte a empresa nun lugar atractivo para traballar. Algúns exemplos poden ser as políticas de conciliación da vida familiar ou o teletraballo.
  • Os servizos adicionais no lugar de traballo fan que o persoal estea máis motivado e, polo tanto, sexa máis produtivo. Unha zona especial de descanso ou para o ocio é unha opción.
  • A formación constante e as posibilidades de promoción son unha maneira de evitar a obsolescencia e fomentar, pola contra, o desenvolvemento persoal e a carreira profesional, ademais de potenciar coñecementos e habilidades.
  • Unha cultura oganizacional que transmita valores positivos cos que se identifique a sociedade fai que as empresas sexan máis atractivas para traballar.

Tras o comentado, consideras que as pequenas e medianas empresas teñen a capacidade para implantar estratexias de responsabilidade social co persoal? Cales consideras que poden ser as máis efectivas para atraer talento?

Fonte: www.compromisoempresarial.comblog.talentclue.comwww.ideasparatuempresa.es