
07 Nov Cales son os piares que impulsan a responsabilidade social nas empresas?
Todas as empresas, sexan do sector que sexan, vense afectadas por un concepto cada vez máis presente na cultura organizacional, a responsabilidade social empresarial. As repercusións que esta pode ter na imaxe do negocio fan que moitas incorporen políticas deste tipo. Trátase de accións mediante as cales as empresas melloran social, económica e ambientalmente, co obxectivo de avanzar na súa posición competitiva e na súa valoración por parte da sociedade. Pero cales son os piares da responsabilidade empresarial?
- A persoa: as empresas relaciónanse con individuos que teñen necesidades, emocións e intereses. É por isto que realizan accións entre os seus empregados, a través de políticas que recollen as súas inquietudes e anhelos, o que afecta positivamente á súa calidade de vida no traballo.
- O ben común: o obxectivo da empresa é xerar ganancias, pero non é un ente illado, xa que se atopa dentro dunha sociedade. Polo tanto, a empresa convértese nunha cidadá máis que debe comprometerse coa comunidade mediante accións que traian beneficios e melloras para esta.
- A ética empresarial: as empresas deben levar a cabo a súa actividade sen obviar os principios morais e éticos ou as normas establecidas na sociedade. Ademais, a preocupación polo coidado do medio e o contorno axuda a preservar os recursos das xeracións futuras.
Moitas empresas na actualidade amosan as súas políticas de responsabilidade social para que se coñeza que están contribuíndo á sociedade coas súas accións. Consideras que é algo que fan exclusivamente para dar boa imaxe ante a sociedade? Ou actúan impulsadas por outro tipo de motivación altruísta?
Fonte: es.linkedin.com; infosol.com.mx