fbpx

O sector TIC e a responsabilidade social

O sector TIC e a responsabilidade social

Segundo o informe A responsabilidade social empresarial das empresas TIC de Galicia. Edición 2016, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga), dependente da Amtega, sete de cada dez empresas TIC galegas coñecen o termo “responsabilidade social empresarial (RSE)” e seis de cada dez implantaron actuacións de RSE no seu funcionamento diario.

Isto pon de manifesto que as empresas tecnolóxicas, que a miúdo son de recente creación, teñen claro que a responsabilidade social empresarial é un aspecto que deben incorporar na súa cultura organizacional.

Pero o emprego das novas tecnoloxías da información e da comunicación trae consigo novos desafíos no ámbito da RSE dos que falaremos a continuación:

  • O tratamento da información: as empresas manexan cada vez máis datos dos seus clientes, xa que as tecnoloxías permiten unha almacenaxe masiva destes así como un acceso rápido a eles. O seu manexo ten que respectar a privacidade, polo que cómpre facer un uso responsable e seguro desta información.
  • Os efectos do emprego destas tecnoloxías a nivel ambiental (a contaminación por emisión de gases, os residuos tóxicos etc.), as repercusións na saúde ou nas habilidades humanas: a eficiencia enérxica debe estar presente para reducir o consumo e, como consecuencia, a pegada de carbono.
  • O potencial e as posibilidades do uso das tecnoloxías: a mellora nos procesos produtivos debido a unha nova tecnoloxía, por exemplo, debe estenderse a toda a sociedade, para que esta teña a posibilidade de beneficiarse das súas vantaxes e evitar así os monopolios tecnolóxicos.
  • Os impactos negativos polo uso xeneralizado das tecnoloxías da comunicación e da información, como pode ser a destrución de emprego ou o aproveitamento de lagoas reguladoras en temas dixitais: os programas de capacitación e formación dixital para os empregados son unha boa solución.

Dos desafíos de responsabilidade social empresarial anteriormente citados, cal pensas que é máis importante para unha empresa do sector TIC? Consideras que as compañías tecnolóxicas son máis responsables socialmente?

Fontes: www.osimga.galblog.iese.edu