fbpx

Alternativas innovadoras para conseguir financiamento

Alternativas innovadoras para conseguir financiamento

Ao longo da vida dunha empresa é frecuente que xurda a necesidade de financiarse, pola necesidade de realizar algún investimento ou de transformar o negocio. Ante esta situación, a primeira cuestión que nos debemos formular é a seguinte: como nos financiamos?

Acudir a unha entidade bancaria é, seguramente, a solución na que pensemos inicialmente, pero existen outras saídas para conseguir financiamento e que se están afianzando fronte á opción bancaria:

  • O crowdequity: investidores particulares financian empresas a cambio dunha participación no capital da organización. O investidor non participa nas decisións da empresa, pero si lle corresponde a súa parte dos beneficios. É recomendable ter un plan de negocio viable que convenza os posibles investidores.
  • Os business angels: particulares que contan con recursos e amplos coñecementos no ámbito empresarial achéganlle diñeiro, experiencia e contactos á empresa. O contacto coa empresa é máis informal e privado, poden ter máis presenza no seu control e esixen un retorno máis alto a cambio do investimento realizado.
  • O crowdlending: a empresa obtén o financiamento de múltiples investidores. Neste caso, o investidor non participa no capital da empresa. Trátase dun método rápido, no que os xuros, en xeral, non son altos.

Despois do comentado anteriormente, estás pensando en como conseguir financiamento e non sabes cal é a mellor opción? A través de métodos tradicionais ou con métodos máis alternativos, o servizo de optimización financeira do programa Re-acciona axúdache a elixir a opción máis axeitada.

Actualmente está aberta unha convocatoria do programa Re-acciona que pecha o 3 de novembro.

Fontes: fintechspain.comwww.mytriplea.com