fbpx

A Internet das cousas (IOT) para mellorar a produtividade da empresa

A Internet das cousas (IOT) para mellorar a produtividade da empresa

Unha das vantaxes más importantes que as empresas obteñen coa transformación dixital é a mellora da competitividade e a produtividade grazas á aplicación das novas tecnoloxías. De feito, incluso empresas máis tradicionais están dándose conta dos beneficios que se obteñen con esta transformación.

A Internet das cousas (IOT) é unha destas novas ferramentas da dixitalización. A continuación, imos falar dalgunhas melloras da produtividade que pode significar para as empresas:

  • A monitorización dos dispositivos e a maquinaria, así como a análise preditiva dos procesos produtivos reduce os erros e mellora o rendemento dos equipos. O aforro de tempo que conseguimos ao non ser necesario centrarse nestas tarefas permítenos usar ese tempo noutras fases de produción ou fabricación.
  • A sensorización e interconexión constante que se pode aplicar aos produtos axuda a que a relación co cliente sexa máis áxil e resolutiva, o que lle aforra á empresa tempo no contacto directo constante.
  • Os empregados adoptan un novo papel dentro da empresa, son máis produtivos grazas a unha formación máis dixital e axeitada.
  • A xeolocalización permite localizar as mercadorías e as persoas e interconectalas en tempo real, o que supón un aforro de tempo, ao minimizar os desprazamentos por parte dos empregados.
  • A optimización da mobilidade empresarial, grazas á comunicación eficiente entre diferentes dispositivos, permite establecer reunións entre persoas que se atopan en diferentes puntos xeográficos.
  • A maior seguridade nas fábricas e oficinas débese a que a interconexión nos permíte obter unha gran cantidade de información en tempo real e a automatización destes procesos reduce os riscos e os incidentes.

Unha cousa está clara, a dixitalización chegou para quedar, pero non todas as empresas son iguais e coas mesmas necesidades, así que cada unha debe analizar como leva a cabo este proceso e que tecnoloxías aplicar. Cales empregarías na túa empresa para mellorar a produtividade?

Fonte: tecnologiaparatuempresa.ituser.es