fbpx

Aspectos clave para a xestión óptima dos provedores

Aspectos clave para a xestión óptima dos provedores

Cando temos un negocio, é practicamente imposible que non nos vexamos obrigados a  relacionarnos con provedores e a establecer relacións comerciais con eles. Isto débese principalmente á necesidade de conseguir aprovisionamentos ou máquinas para o funcionamento da nosa empresa.

É importante, neste senso, establecer un bo sistema de traballo á hora de relacionarnos con eles e ter en conta algúns consellos que poden ser de utilidade:

  • A selección de provedores. A elección non se debe basear exclusivamente no prezo, tamén está a calidade do produto ou o servizo que ofrecen. Por iso, é recomendable ter diferentes provedores aos que poder recorrer segundo as nosas necesidades.
  • Os contratos que establezamos. Antes dunha sinatura hai que ter claras as posibles cláusulas dun acordo, así como o encaixe do provedor cos patróns de calidade e servizo que temos cos nosos clientes, para evitar problemas legais de incumprimento de contrato.
  • Os pagos aos provedores. É importante establecer sistemas que nos axuden a xestionar eficazmente os cobros e a liquidez, para non incumprir os prazos de vencemento dos pagos.
  • A entrega da mercadoría. Para que esta sexa o máis eficaz posible, pola nosa parte é importante a organización mediante un software de xestión contable, os albarás de entrega e as facturas dos pedidos.
  • A comunicación cos provedores. É recomendable que esta sexa fluída e comunicar erros ou problemas que poidan estar sucedendo coas mercadorías.

Despois do comentado anteriormente, consideras que unha boa elección de provedores pode facer que a túa empresa sexa máis competitiva? No servizo de optimización financeira o establecemento de políticas de xestión cos provedores é unha das accións que poden axudar ás pemes.

Actualmente hai unha convocatoria aberta para solicitar os servizos do programa Re-acciona que remata o 3 de novembro.

Fontes: www.mygestion.comretos-operaciones-logistica.eae.es