
10 Oct Como mellorar as finanzas da túa empresa?
Un dos departamentos que máis inflúe na toma de decisións dunha organización e, polo tanto, no seu futuro, é, sen dúbida ningunha, o financeiro. De feito, o principal motivo polo cal desaparecen as pequenas e medianas empresas continúa a ser financeiro.
É importante ser conscientes de que a situación financeira da nosa empresa non se reduce só a unha cuestión de contabilidade, senón a saber interpretar esa información.
A continuación, amosámosche que aspectos che poden axudar a mellorar as finanzas da túa empresa:
- A optimización da tesourería, o control da entrada e saída de diñeiro, de maneira que evitemos ter problemas de liquidez. Aínda que pareza obvio, é frecuente que non se realice unha previsión dos momentos cruciais nos que hai que realizar pagos.
- A redución dos gastos na medida que sexa posible. A través de mellores acordos cos teus provedores pódense reducir os gastos de aprovisionamento e o stock do teu almacén.
- A busca de diversas fontes de financiamento, eliminando a dependencia habitual cos bancos. Algunhas empresas asócianse para levar a cabo investimentos.
- A análise previa de calquera investimento que implique riscos, tendo en conta diferentes escenarios sobre os resultados e as súas posibles solucións.
Tras o comentado anteriormente, pensas que axudaría na túa empresa ter en conta algunha das recomendacións anteriores? O programa Reacciona conta co servizo de optimización financeira, unha boa forma de que as empresas coñezan a súa realidade.
Actualmente hai unha convocatoria aberta deste programa ata o 3 de novembro e da que te podes informar na nosa web convocatoria-re-acciona
Fonte: finanzasyproyectos.net, www.captio.net