fbpx

Por que os millenials son líderes no emprendemento?

Por que os millenials son líderes no emprendemento?

Unha das xeracións de traballadores das que, sen dúbida ningunha, se fala con frecuencia na actualidade é a dos millenials. Estamos a falar de xente nova de entre 20 e 35 anos que, segundo o estudo BNP Paribas Global Entrepreneur Report 2016, pon en marcha unha media de oito empresas, fronte ás 3,5 que crean os denominados baby boomers (50-65 anos).

A pesar de que os millenials contan cunha curta experiencia laboral se os comparamos con profesionais de maior idade, estes teñen unha alta capacidade de emprender e un nivel de éxito alto neste proceso. Pero, cales son as razóns da súa relación estreita co emprendemento?

  • O espírito colaborativo que está presente nas súas relacións con outros profesionais, pois entenden o mundo empresarial como un escenario onde todos teñen algo que dicir (exemplo, espazos de coworking).
  • A alta formación e cualificación da que dispoñen, o que fai que sexa unha das xeracións máis preparadas da historia.
  • A súa aposta por emprender, motivada pola busca dun mellor posto de traballo no que se aproveiten todas as súas capacidades e no que posúan maior poder de decisión.
  • A súa predisposición a afrontar riscos nos negocios, favorecida polo ambiente de protección no que se criaron, amparados en maior medida polos seus proxenitores se os comparamos con xeracións anteriores.
  • O alto grao de dixitalización que posúen, que lles outorga un acceso maior á información e ao coñecemento, así como a posibilidade de relacionarse con calquera punto do mundo grazas ás redes sociais. Ademais, os avances tecnolóxicos e a innovación, que para eles son algo normal e habitual, favorecen a súa adaptación aos cambios.
  • O sentido de responsabilidade nos negocios, motivada, a miúdo, por non cometer os mesmos erros dos seus proxenitores, especialmente no que respecta a evitar os endebedamentos.

As características destes traballadores fan que moitas empresas queiran contar con eles no seu cadro de persoal, pero é importante considerar as súas altas expectativas para poder atraelos e manter este talento na empresa. Contas con millenials entre os teus traballadores?

Fontes: www.emprendedores.eswww.entrepreneur.com