fbpx

Cales son as claves á hora de emprender?

Cales son as claves á hora de emprender?

Os emprendedores son os novos catalizadores da nosa sociedade, xa que innovan e contribúen ao progreso en todos os campos. Pero… como poden ter estes proxectos maiores probabilidades de éxito?

Pois ben, recompilamos neste post seis consellos para conseguir que un proxecto  triunfe e se converta nun negocio de éxito.

  • Ter claro o negocio. Para iso é fundamental testalo: ver como funciona, analizar se cumpre os obxectivos previstos…
  • Coñecer o mercado e a competencia. Para iso cómpre facer unha análise do mercado no que vai venderse ese produto ou prestarse o servizo. Tamén é interesante coñecer a competencia existente.
  • Coidar a imaxe e a comunicación da empresa, tanto en liña como fóra dela.
  • Elixir bos empregados. Non só é preciso que teñan unha boa formación e experiencia, senón que tamén deben compartir a ilusión por levar a cabo o proxecto, que sexan creativos e que teñan ambición por ver medrar a idea de negocio.
  • Escoller un bo sistema de financiamento, xa que non é recomendable comezar a emprender sen posuír capital para desenvolver o proxecto.
  • Externalizar. É importante reducir custos, especialmente ao principio. Por iso é importante externalizar certos servizos. Desta maneira, será posible ter toda a estrutura, pero sen ter que contratar persoal de todas as áreas.

Pero, sobre todo, se estás decidido a emprender, o máis importante é saber que cando se empeza un negocio cómpre dispor de moito tempo para poñer todo en marcha e non  tomar decisións precipitadas. En consecuencia, hai que asumir certos compromisos, sacrificios e obrigas. Se fas todo o anterior, non che aseguramos o éxito, pero si que será unha experiencia enriquecedora.

Fonte: cincodias.elpais.comwww.entrepreneur.com