
19 Sep O ecommerce, unha alternativa para achegarte aos teus clientes
A miúdo as pemes non se aventuran á venda por internet porque consideran que é algo que só está feito para as grandes empresas. Pero a realidade amosa que o comercio electrónico creceu un 20,3 % no último ano, segundo datos da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), dato importante se temos en conta que máis do 90 % das empresas son pemes.
O e-commerce é unha oportunidade para expandir o teu negocio, pero tamén supón un risco. Polo tanto, resulta de interese analizar as claves para ter éxito cunha tenda en liña:
- Lograr a confianza dos clientes, para o cal é importante posuír a etiqueta de tenda certificada, o selo de comercio seguro.
- Dispoñer de diferentes sistemas de pago na web (paypal, tarxeta de crédito, transferencia…) o que facilita a experiencia de compra.
- Adaptarse ás necesidades e demandas dos clientes no que se refire á loxística e ao envío dos produtos, asumindo gastos de envío ou fomentando a flexibilidade e a rapidez nas entregas dos pedidos.
- Ter unha constante atención ao cliente, ofrecéndolle un espazo no que se poida comprar de forma sinxela e intuitiva, comunicándonos con eles de maneira transparente e resolutiva.
Por último, é importante que teñamos en conta que a venda por internet non só lles permite ás pemes ter outro espazo no que ofrecer os produtos ou servizos, senón que é unha oportunidade de achegarse a clientes máis aló das limitacións que ten unha tenda física.
Fonte: brands.elconfidencial.com