
14 Sep Consideras que aproveitas todo o potencial da rede na túa empresa?
A pesar de que nas pequenas e medianas empresas non é frecuente que conten cunha área específica de mercadotecnia, isto non significa que non poidan aplicar as últimas tendencias neste ámbito. Ademais, isto non ten por que requirir grandes esforzos económicos ou grandes investimentos, xa que a miúdo a clave é botar man das ferramentas axeitadas.
A continuación, achegamos algúns consellos que podes aplicar no teu negocio no referente á mercadotecnia en liña para mellorar a túa competividade:
- Contar cun blog no que compartir contido de interese para o público obxectivo. É primordial a calidade por riba da cantidade, debido a que favorece o posicionamento da túa web.
- Implantar unha estratexia de mercadotecnia en dispositivos móbiles, aproveitando o uso masivo por parte dos consumidores e a súa relación coas redes sociais. O deseño responsive da páxina web ou unha aplicación móbil son algunhas das alternativas.
- Seguir unha estratexia en redes sociais concentrada e orientada aos teus clientes, especialmente porque a comunicación nestes medios require dun traballo constante, o que pode ser difícil por falta de tempo e recursos humanos nunha pequena empresa.
- Empregar estratexias visuais, a través de campañas que xeren un grande impacto co uso do streaming, vídeos ou por medio de conferencias. É unha boa forma de conectar cos clientes de maneira rápida e efectiva para unha maior atención por parte deles.
- Poñer en marcha campañas de e-mail marketing e boletíns para enviar información relevante e de interese para os clientes. É unha maneira de contribuír á súa fidelización e de poder achegarse a eles.
Tras o comentado anteriormente, reflexiona sobre se no teu negocio xa estás aplicando algunhas das técnicas anteriormente citadas. Cres que estas aproveitando todo o potencial competitivo que che ofrece internet para a túa empresa?
Fontes: creatiabusiness.com