
07 Sep Estás a cometer erros no proceso de dixitalización da túa empresa
Posted at 10:00h
in blog
Todo cambio require un esforzo pola nosa parte, debido a que implica levar a cabo un proceso de adaptación a el. As empresas non son unha excepción, especialmente no proceso de dixitalización no que se atopan moitas delas na actualidade.
Neste senso, se temos un negocio e queremos ter éxito nesa transformación dixital é importante que teñamos en conta que erros habituais que podemos cometer durante ese proceso:
- Non escoller o momento axeitado, tanto se emprendemos este proceso de forma abrupta como se non queremos realizar estes cambios, co risco de que o noso negocio quede atrás ou desapareza. O recomendado é realizar un estudo do contorno, de xeito que teñamos un plan preparado con antelación e que sexa flexible.
- Non contar coa implicación de todo o persoal e os departamentos que forman parte da empresa. O proceso dixital afecta, de forma directa ou indirecta, a todos eles, o que fai que o éxito dependa de que se vexan arrastrados por este pensamento dixital.
- Frear a creatividade e a innovación. Isto implica que se produza un cambio de mentalidade e de cultura empresarial, pois a idea é que se impulsen estes valores dentro da empresa, de maneira que os cambios dixitais se leven a cabo de forma áxil e dende novos ángulos.
- Non controlar o proceso. Resulta imprescindible documentar todas as accións que se levan a cabo para poder medilas e saber como funcionan.
Se unha cousa está clara é que a dixitalización é un paso que teñen que dar todas as empresas, o importante é establecer un plan para levala a cabo e ter en conta as recomendacións para adaptar o negocio.
Fonte: www.reimagineit.es