
24 Aug O uso de aplicacións móbiles, clave na mercadotecnia de proximidade
As novas tecnoloxías e a era da dixitalización ofrécenlles ás empresas novas experiencias dos usuarios, máis alá das que se dan no punto de venda e das que se poden aproveitar, de maneira que permiten interactuar en tempo real cos clientes, axudando ao compromiso coa marca e o engagement.
É o que se denomina o mercadotecnia de proximidade, un intercambio de información en tempo real que combina tres elementos clave: as aplicacións móbiles, os smartphones e os beacons (tecnoloxía bluetooth que actúa como un GPS).
Esta comunicación entre o cliente e a marca tráelle á empresa unha serie de vantaxes das que se pode aproveitar se se conta cunha aplicación móbil:
- Ao ofrecer contidos personalizados segundo a localización do usuario mellórase a experiencia do consumidor. Un servizo en función do cliente promove unha relación persoal e próxima con el, especialmente se lle ofrecemos contido relevante, como fotos, vídeos, cupóns e enquisas de produtos.
- A proxección dunha imaxe de empresa innovadora que combina o espazo físico dunha tenda con internet, redes sociais e aplicación móbiles mellora a experiencia de compra do consumidor.
- O interese polo cliente e o fomento da súa participación favorecen o engagement entre a marca e o consumidor, á parte de conseguir confianza de quen descarga a aplicación móbil da empresa.
- Conséguese atraer os clientes ao lugar desexado ofrecéndolles información sobre os produtos e onde poden acudir a compralos, con datos sobre a localización das tendas.
- Os servizos premium, é dicir, darlles vantaxes aos clientes que empregan a aplicación móbil, poden favorecer as conversións nos puntos de venda.
Non se debe esquecer o importante que é medir os resultados da app, o que pode axudar a ter unha foto dos clientes ou información sobre o que cómpre mellorar ou as estratexias que se deberían seguir para aumentar as vendas. O uso de aplicacións móbiles permite achegarse máis aos consumidores, para mellorar a súa experiencia e conseguir convencer coa túa marca.
Recomendámosche que consultes na nosa web sobre a convocatoria do programa Re-acciona, que remata o 15 de setembro reacciona.igape.es
Fontes: www.analiticaweb.es, www.easycontext.com