fbpx

AS VANTAXES DE EMPREGAR UNHA INTRANET NA EMPRESA

AS VANTAXES DE EMPREGAR UNHA INTRANET NA EMPRESA

A transformación dixital está axudando a que moitas empresas poidan beneficiarse das novas tecnoloxías e das ferramentas que nos trae esta dixitalización en aspectos como, por exemplo, a mellora da organización e a comunicación interna.

Este é o caso da intranet, un sitio web interno que está destinado a ser utilizado exclusivamente polos membros da organización. Desta maneira a empresa dispón dun espazo virtual onde o persoal ten acceso a información, promovendo novas formas de colaboración e posibilitando o traballo a distancia.

Pero cales son as vantaxes de dispoñer dunha intranet na empresa? A continuación falamos dalgunhas delas:

  • Aforro de tempo e custos debido a que se reduce o tempo que empregan os traballadores na procura da información, un tempo que poden aproveitar para realizar outras tarefas.
  • Mellora da rapidez e a eficiencia na comunicación da parte directiva cos empregados, pois permite ofrecer de forma simultánea a mesma información a todos eles. E, se é o caso, existe a posibilidade de transmitir esta información a determinados perfís de traballadores.
  • Seguridade que ofrece este tipo de redes para a organización, ademais de que se pode conectar coas bases de datos da empresa e outras aplicacións que se empreguen.
  • Incremento da colaboración entre o persoal, debido a que a intranet permite que os empregados de diferentes departamentos colaboren entre eles de forma máis rápida e eficaz.
  • Mellora da imaxe da empresa ante os empregados que terán unha opinión positiva ao atopar os trámites administrativos internos máis sinxelos.
  • Inexistencia de limites no tempo e no espazo, xa que está aberta permanentemente e accesible a todos o persoal, aínda que estea fóra do lugar de traballo habitual.

Como resumo, podemos dicir que dispoñer dunha intranet na empresa favorece que esta mellore os seus procesos internos, a un custo menor e cunha maior eficiencia que a través de sistemas descentralizados usados tradicionalmente.

Actualmente o programa Re-acciona dispón dunha convocatoria aberta para solicitar os servizos ata o 15 de setembro e que te recomendamos que consultes na nosa web convocatoria-re-acciona/

Fonte: www.factoriabiz.comwww.e-intelligent.es