fbpx

As vantaxes da aplicación de solucións de mobilidade na túa empresa

As vantaxes da aplicación de solucións de mobilidade na túa empresa

As empresas son conscientes de que as tecnoloxías marcarán o futuro das organizacións,  de maneira que cambiará a forma de traballar como a coñeciamos ata hai pouco. As solucións  de mobilidade empresarial son das principais e máis destacables tecnoloxías, xa que ao redor do 80% das empresas que incorporaron estratexias de mobilidade incrementou o número de clientes que utilizan os seus servizos.

É importante que a mobilidade empresarial se entenda como algo máis que unha tecnoloxía, xa que supón un impulso á produtividade individual e, en consecuencia, á produtividade do equipo e da empresa.

Os negocios que incorporan solucións móbiles teñen unha serie de vantaxes das que falaremos a continuación:

  • A atracción de novos clientes, xa que aumenta a produtividade grazas a novos modelos de negocio e puntos de vista que só se poden obter a partir das interaccións con dispositivos móbiles.
  • A calidade nos servizos que lles damos aos nosos clientes, a través das experiencias relevantes segundo o contexto de entrega, con aplicacións atractivas que se crean con solucións multicanle.
  • A conversión das interaccións en compromisos de cambio e en oportunidades de obter resultados positivos, ao ser o móbil un dispositivo de contacto directo.
  • A proporción ao cliente dunha experiencia de marca que inclúe diferentes puntos de contacto ou venda, mediante a conexión das aplicacións móbiles aos sistemas de rexistro, por medio de transaccións continuas e de confianza.
  • O emprego de tecnoloxías de nube para satisfacer a crecente demanda de tecnoloxías da información, que axuda a reducir os custos e incrementa a nosa visibilidade e control.
  • A maior conexión de todos os departamentos da empresa, de maneira que a información sexa accesible para todos.

Despois de todo o comentado anteriormente, pensa se a túa empresa está a empregar algunha solución móbil. A miúdo a falta de experiencia e de asesoramento fréanos para levar a cabo estes cambios no noso negocio. No programa Re-acciona TIC e Re-acciona as empresas están acompañadas, nos diferentes servizos que se ofertan, por expertos no seu camiño cara á mellora da competitividade.

Fontes: www.logisticamx.enfasis.commovilidadempresarial.idg.es