
02 Aug Internaco
Razón social: Internaco
Internaco acolleuse a servizos do programa ReAcciona para optimizar os seus procesos e cadea loxística, e está aplicando servizos do programa ReAcciona TIC para incorporar solucións da Industria 4.0 e de dixitalización para seguir crecendo e avanzando na súa internacionalización.
A empresa destaca como fabricante e exportador de grupos electróxenos especiais, baixo a marca propia Benza, para instalacións enerxéticas de ciclo combinado, plantas termosolares, coxeneración remota, vehículos militares, trens de mercancías ou mesmo para a Axencia Espacial Europea. Internaco investiu o pasado ano –contando cun préstamo Jeremie-Igape– máis de 2 millóns de euros nunha nova planta para fabricar en Ordes fío de plástico para desbrozadoras que este ano está vendendo en mercados como Marrocos, Austria, Turquía, Estados Unidos ou Perú.