fbpx

Claves para a fidelización do cliente

Claves para a fidelización do cliente

Como negocio o noso interese é conseguir clientes que nos volvan a comprar, aportándonos deste xeito ingresos recorrentes e reducindo os custes que implica promocionarse para captar clientes. Isto require esforzo e constancia pola nosa parte pero do que é preciso preocuparse, pola implicación que ten no crecemento e futuro da nosa empresa.

Estamos a falar da fidelización de clientes, proceso polo cal buscamos a lealdade dos consumidor connosco, de maneira que nos compren habitualmente e afiancemos a relación de compra cos nosos clientes. A continuación achegamos algúns aspectos que poden axudar:

  • Transmitir transparencia na túa actividade empresarial e cercanía, para que o cal é útil ter presencia en Internet e facer uso das redes sociais. Pero sen deixar de ser unha empresa multicanal, ter presencia en medios dixitais e empregar métodos máis convencionais como pode ser o contacto telefónico.
  • Analizar e estudar os teus clientes, chegando a saber as súas características (xeográficas, idade,…) e os comportamentos de compra. Isto permite obter un montón de datos dos nosos clientes, o que fai que poidamos extraer conclusións sobre que estratexia deberíamos seguir.
  • Empregar métodos de márketing de influencia, a través de consumidores que teñan a capacidade de influír na decisión de compra dos seus seguidores ou de calquera potencial cliente, os chamados
  • Contar na túa web cun apartado no que se reflexe a experiencia de compra dos clientes, a través de testemuñas de compradores satisfeitos e instalando canais que permitan a interacción con eles, formularios de contacto ou un chat para a resolución de dúbidas.
  • Ofrecer descontos, premios ou puntos os clientes prescritos os teus servizos, de xeito que teñan privilexios fronte os que non o están.

Debemos trazar polo tanto un plan de fidelización que se base en: captar clientes, convencelos de que somos a mellor elección e conservalos para que nos sigan comprando. Cada empresa ten que seguir o método que mellor se adapte a ela, que medios empregas na túa peme para fidelizar os teus clientes?. No servizo de relanzamento comercial conseguir atraer clientes forma parte dos seus obxectivos. Actualmente hai unha nova convocatoria Re-acciona que durará ata o 15 de setembro e que podes consultar na web reacciona.igape.es/2a-convocatoria-2017 

Fonte: www.icemd.com/digital-knowledge