
20 Jul Cales son as etapas na dixitalización da peme?
As empresas son coñecedoras das vantaxes da aplicación das novas tecnoloxías nas organizacións, pero a miúdo descoñecen como levar a cabo o proceso de dixitalización. Realmente implica unha transformación da peme razón pola que o apoio de expertos e a fixación dunha folla de ruta para levala a cabo cobra especial importancia para que teña éxito.
Unha alternativa que poden aplicar as empresas consiste en que a través de diferentes etapas se cuestionen unha serie de aspectos que axuden a esta transformación. Estas fases serían as que se mostran a continuación:
- A definición do mercado obxectivo: Que queremos vender? Como queremos vender?. Dentro das tecnoloxías coas que se pode levar a cabo a transformación dos nosos clientes (nube, aplicacións móbiles,…) debemos especializarnos naquelas que nos reporten beneficios (elección do produto ou servizo). Ademáis é importante definir cal vai ser o perfil e segmentos dos nosos clientes que vamos a atender.
- A definición de modelo de negocio: cal é a forma a que vamos chegar aos nosos clientes a nosa estratexia operativa. Polo que temos que facernos unha serie de cuestións, como por exemplo, cales son os nosos canles de distribución? cal é a estrutura de custos? como será o fluxo de ingresos?.
- A execución da estratexia que fixamos na anterior fase, na que cobra relevancia a medición dos resultados. Debemos escoitar ao mercado e fixarnos na resposta dos nosos clientes, e así saber o éxito que estamos a ter.
Tralo comentado anteriormente, pensa en algunha transformación que levaches a cabo na túa empresa, tiveches éxito á hora de executala?. O apoio de expertos axuda a que estes procesos sexan levados a cabo de forma máis eficiente, en especial si existe descoñecemento do sector das novas tecnoloxías.
Recorda que o programa Re-acciona TIC conta con sete servizos para axudar a dixitalización das pemes da nosa comunidade. Nos vindeiros meses estarán a disposición das empresas novas convocatorias para a solicitude do programa.
Fontes: www.select.mx, www.aniel.es