fbpx

O papel dos partners tecnolóxicos para a dixitalización da peme

O papel dos partners tecnolóxicos para a dixitalización da peme

Cando unha empresa quere levar a cabo unha acción que supoña un gran cambio para ela, asumir riscos de forma illada é algo que pode supoñer un freo para animarse a realizalo. Da aí xurde a tendencia de fomentar a colaboración e o traballo conxunto, de maneira que ambas partes salgan beneficiadas e sexan máis competitivas e eficientes.

No caso do proceso cara transformación dixital das empresa, unha opción e contar cun partner tecnolóxico. Unha empresa provedora de servizos das novas tecnoloxías que supón un apoio para as decisións tecnolóxicas que adopte a peme.

As empresas que colaboran con este tipo de socios, poden beneficiarse das vantaxes competitivas que lle aportan:

  • O asesoramento de persoal formado, que ten as habilidades e capacidades adecuadas no ámbito tecnolóxico. De xeito que a experiencia da que dispoñan nesta área favoreza a seguridade nas accións que se leven a cabo e nas recomendacións das solucións dixitais a implantar.
  • Un servizo de alta calidade e personalizado, que ten en conta as necesidades da empresa. Ademais funciona como soporte, o que fai que a empresa se sinta apoiada e unha fonte de consellos a que poder acudir.
  • A posibilidade de externalizar un servizo o que non se lle pode dedidar todo o tempo que nos gustaría, podendo potenciar a competitividade nas áreas nas que temos altos coñecementos e deixando a outros nas que se precisa de axuda externa.
  • A oportunidade de formar parte dunha rede de contactos de profesionais e de persoal con formación específica.
  • O impulso no camiño cara a dixitalización da empresa, debido a aplicación de ferramentas tecnolóxicas que están relacionadas co industria 4.0 e o entorno dixital empresarial.

Despois de tratar o tema dos partners tecnolóxicos, que tipo de colaboración levas a cabo con outras empresas? Si pensas levar a cabo un proceso de dixitalización, a análise do grado de modernización tecnolóxica é importante. Recomendámosche que consultes na web os diferentes servizos do programa Re-acciona TIC e que fomentan o uso das novas tecnoloxía para o futuro das pemes galegas reacciona.igape.es/re-acciona-tic/ 

Fontes: blog.voztele.cominnovasistemas.com