
11 Jul O emprendemento como factor clave no impulso da peme
A miúdo escoitamos da necesidade de que se leven a cabo proxectos emprendedores que dean lugar a novas empresas e negocios, pero obviamos a capacidade emprendedora das empresas que xa existen. En especial, si temos en conta que o ciclo de éxito das organizacións son curtos e que precisan da innovación e de novas ideas para non quedar obsoletas.
Neste senso, achegamos o concepto de interprendemento, que non é máis que unha revolución dende o interior da empresa. Os xeradores do cambio e que buscan o crecemento da empresa, a través da creatividade e a innovación, están dentro da organización.
O fomento desta filosofía supón unha serie de vantaxes para as pemes que deberíamos coñecer:
- A oportunidade de mellorar os produtos que ofertamos ou crear novas liñas de negocio, de maneira que se poida descubrir novos mercados e posibilidades de comercialización.
- A calidade na forma en que atendemos os clientes, xerando unha mellor imaxe ante os consumidores, incrementando o noso valor de marca ao ser unha empresa que aposta pola innovación.
- A potencia da creatividade dos empregados, apostando polos seus proxectos de modo que non se produza unha perda de talento ao non ter oportunidade de crecer profesionalmente. É un método de motivar o noso capital humano ao apostar polas súas ideas.
- A súa aplicación non é limitada ao sector tecnolóxico, senón que pode ser levado a cabo a calqueira sector e supón unha vantaxe competitiva o conseguir un maior crecemento, e con iso presenza no mercado.
O interprendemento é unha estratexia que afecta a todos os niveis da organización, dende a parte directiva pasando pola área de recursos humanos e outros departamentos da empresa. Da aí que requira dunha implicación de todo o organigrama e estrutura que forma parte da empresa.
Tralo comentado anteriormente, pensa si a túa peme está aproveitando todo o seu potencial emprendedor. A través dos servicios do programa Re-acciona, moitas pemes están mellorando a súa competividade dándolle un impulso innovador. Podes consultar a nova convocatoria do programa Re-acciona, aberta ata 15 de setembro na nosa web reacciona.igape.es/convocatoria-2017-re-acciona/
Fonte: www.abc.es; onomia.com