fbpx

O uso do ERP para a toma de decisións da peme

O uso do ERP para a toma de decisións da peme

As novas tecnoloxías supoñen unha oportunidade de mellorar a xestión e a organización do día a día nas pequenas e medianas empresas, así como de aumentar a produtividade. De aí a importancia de investir en innovación e nas tecnoloxías para axudar na transformación dixital en que están inmersas as organizacións.

Unha ferramenta útil de xestión empresarial para as pemes é o sistema de planificación de recursos empresariais, o chamado software ERP. Este axuda fundamentalmente a empresa a axilizar, controlar e mellorar todos os procesos do seu negocio. A continuación explicamos as vantaxes que achega o seu uso:

  • A optimización na toma das decisións: as bases de datos que almacenan estes sistemas só poden ser compartidas polos usuarios autorizados, e permiten visualizar os contidos en tempo real dende calquera dispositivo móbil ou ordenador.
  • A mellora nos medios de comunicación interna: á hora de executar as tarefas axuda a rapidez nas respostas, xa que os diferentes departamentos entrelazan as súas comunicacións, eliminando as barreiras e sendo máis fácil o traballo entre eles.
  • A planificación do futuro da empresa en base ás previsións e á información que nos facilita o ERP como rexistro e fonte de datos, de forma que poidamos facer estimacións máis precisas que nos axuden a longo prazo.
  • As múltiples posibilidades que ofrece: podemos adaptar estas plataformas ás necesidades e á estrutura de cada empresa.
  • A redución nos gastos de impresión e papelería, debido á posibilidade de manter a información de forma virtual, o que mellora o funcionamento diario da actividade da empresa e a rapidez das tarefas.
  • O control e o seguimento das materias primas e as mercadorías dende que se atopan no almacén, ata que pasan polo seu proceso produtivo e están listas para a súa venda. Deste xeito, dispoñemos dun amplo rexistro que nos facilita moita información sobre os nosos produtos.

Tras o comentado anteriormente, pensa en que tecnoloxías tes implantadas na túa peme e que che axudan no día a día da túa xestión empresarial. Adaptar a túa empresa ás novas tecnoloxías é esencial para conseguir ser máis competitivo e ter máis beneficios e unha maior rendibilidade.  A través do programa Re-acciona TIC as empresas poden mellorar a súa competitividade apoiándose no sector das novas tecnoloxías. Recomendámosche estar atento á web para coñecer cando se abren as novas convocatorias deste programa https://reacciona.igape.es/re-acciona-tic/

Fonte: kelevra.es, directivosygerentes.eswww.neosistemassrl.com