fbpx

A importancia do picking no servizo os teus clientes

A importancia do picking no servizo os teus clientes

As pequenas e medianas empresas son cada vez máis conscientes de como a transformación dixital está mudando a mentalidade dos nosos clientes. Estes son usuarios das novas tecnoloxías e dispoñen de máis opcións onde elixir, obrigando as organizacións a diferenciarse fronte á competencia.

A calidade do servizo de entrega dos produtos é unha maneira de facelo, a través do proceso de preparación dos pedidos ou picking, de maneira que ofrezamos un servizo rápido aos nosos clientes cos menores custos posibles. A continuación aconsellamos métodos para mellorar esta área da empresa:

  • Realizar un historial de toda a actividade do teu almacén, rexistrando os atrasos e as súas causas.
  • Reorganizar os produtos do almacén, de maneira que os de maior demanda teñan un acceso máis fácil e rápido, co que se reducen os tempos de busca e recollida destes.
  • Incorporar tecnoloxía e equipamento que controle que se leve a cabo de forma correcta e eficaz o funcionamento dos pedidos, e que esta verificación sexa en tempo real.
  • Executar o transporte dos produtos en lotes, de xeito que se minimicen os percorridos polo almacén. Isto tamén se debe aplicar á preparación dos pedidos, e será máis eficiente se os clientes piden grandes cantidades de produto.
  • Formar os teus empregados, co obxectivo de mellorar a calidade e a produtividade das súas tarefas.
  • Dispoñer da subministración óptima de stock que asegure a dispoñibilidade de produto antes de comezar a preparación do pedido, de modo que o persoal desta área non teña que esperar ao seu aprovisionamento.

Tras o comentado anteriormente, pensas que poderías optimizar os teus procesos de entrega dos produtos? A través do servizo de mellora da produción e da cadea loxística do programa Re-acciona podes conseguir reducir os prazos de entrega. Consulta na nosa web que obxectivos persegue este servizo e coñece as vantaxes de solicitalo reacciona.igape.es/mellora-da-producion-e-a-cadea-loxistica/ 

Fonte: nae.eswww.totalsafepack.com