fbpx

Que beneficios aporta á empresa a redución dos niveis de stocks?

Que beneficios aporta á empresa a redución dos niveis de stocks?

Unha das dificultades coa que se poden atopar as empresas no día a día da súa actividade é a maneira en que xestionan os stocks dos seus almacéns. A importancia destes reside en que serven tanto para gardar as materias primas, como os compoñentes e  as subministracións necesarios para o sistema produtivo, así como os produtos destinados á venda. O nivel de stock que unha empresa teña no seu almacén é importante para que non sufra perdas.

O método just in time é un sistema de xestión que ten como obxectivo axudar a manter o nivel óptimo de stocks do almacén da empresa, así como a que os provedores lles entreguen aos clientes o necesario e no momento preciso. O establecemento desta ferramenta na túa empresa trae unha serie de vantaxes que hai que ter en conta:

  • A redución dos niveis de stock ao longo de toda a cadea de produción evita os custos de manter elevadas cantidades deles, como o custo de almacenaxe e o financeiro derivado de precisar dun espazo de almacenamento máis grande.
  • A relación cos provedores pasa a ser máis estreita e colaborativa, o que favorece unha mellor planificación das subministracións e a consecución de mellores prezos.
  • O aumento do espazo libre no almacén ten un impacto positivo no traballo que se desenvolva nel, favorece que o transporte interno de mercadorías sexa máis fácil e que calquera cambio que se queira levar a cabo nel poida ser máis rápido e flexible.
  • A minoración dos produtos obsoletos reduce as perdas por mercadorías que non se poden reutilizar, así como a diminución dos custos derivados dos produtos que estean suxeitos a unha caducidade e que, polo tanto, pasen a ser desperdicios no almacén que non xeran beneficio ningún.

Tras o comentado anteriormente, pensa como estás a xestionar o almacén da túa empresa. Cres que estás a ter niveis de stock óptimos? A maioría de empresas ignora que pode estar xestionando mal este aspecto, pois estas non teñen en conta que supón unha vantaxe competitiva carecer de perdas ocasionadas polas cantidades altas de stock nos almacéns.

O programa Re-acciona dispón dun servizo que se preocupa disto, o de mellora da produción e da cadea loxística, que leva a cabo a empresa Team&Time. Recomendámosche que esteas atendo á web de Re-acciona para saber cando se abrirá unha nova convocatoria para solicitar estes servizos https://reacciona.igape.es/

Fonte: www.bbvacontuempresa.eswww.angelantonioromero.com