fbpx

O mentoring para a capacitación dos teus empregados

O mentoring para a capacitación dos teus empregados

En xeral, cando as empresas tratan de incorporar un traballador que comeza no mercado laboral, a traba fundamental á hora de contratalo adoita ser a falta de experiencia laboral, a pesar de que este posúa coñecementos e aptitudes para desempeñar o posto de traballo. De aí que exista a figura do mentoring, unha alternativa coa que se pretende favorecer a incorporación e adaptación deste traballador á empresa.

Os actores implicados no mentoring son, por un lado, o novo traballador e, por outro, un empregado da propia empresa que goza dunha ampla experiencia laboral nesa actividade ou sector. O obxectivo é que o empregado, avaliado pola súa experiencia, axude, titorice e sirva de soporte ao novo traballador.

As vantaxes de utilizar este tipo de métodos non son só para as organizacións, senón tamén para a persoa que actúa como mentor e para o novo traballador.

  • Os “aprendices” adquiren as competencias e capacidades necesarias para o posto de traballo e ademais benefícianse dos coñecementos e a aprendizaxe que dá a experiencia. Este soporte supón un apoio importante para eles, xa que non se atopan sós neste camiño de adaptación.
  • Os “mentores melloran as súas propias habilidades e destrezas, de xeito que poden potenciar as competencias de liderado, xestión de persoas e comunicación. Por outro lado, supón un recoñecemento a este traballador pola súa experiencia e o seu papel na empresa.
  • As organizacións obteñen unha imaxe que reflicte preocupación por favorecer a incorporación e a motivación dos novos traballadores, o que pode atraer talentos e profesionais á empresa, así como axudar á fidelización dos antigos e dos novos traballadores.

As novas tecnoloxías e a era dixital fixeron que estes procesos deran un paso máis e agora tamén se fala de mentoring inverso, co que o novo traballador, cos seus coñecementos dixitais, axuda ao empregado veterano na súa dixitalización. É importante que esta transferencia de coñecementos se dea ao mesmo tempo e en ambos os dous sentidos, é dicir, que as dúas partes se beneficien do que lle proporcione a outra parte.

Tras o comentado anteriormente, como levas a cabo a incorporación dos novos traballadores na túa empresa? O coidado do teu capital humano é relevante para o éxito do teu negocio e na nosa web podes consultar os servizos do programa Re-acciona nos que se fomenta a capacitación dos empregados https://reacciona.igape.es/

Fonte: noticias.infocif.eswww.linkedin.com