fbpx

O EMPREGO DO PORTAL B2B PARA DIXITALIZAR A TÚA EMPRESA

O EMPREGO DO PORTAL B2B PARA DIXITALIZAR A TÚA EMPRESA

Os avances nas tecnoloxías relacionadas coa chamada industria 4.0 e o maior uso de Internet para xestionar calquera proceso industrial do día a día están ocasionando cambios estruturais nas empresas. Estas deben evolucionar para adaptarse a esta nova era industrial máis conectada, de modo que se beneficien das vantaxes que achega a dixitalización e non corran o risco de quedarse atrás.

Á hora de encamiñar a nosa empresa cara á dixitalización, existen múltiples ferramentas das que nos podemos axudar para mellorar a nosa xestión e as nosas vendas. É o caso do portal B2B, unha plataforma de comercio en liña que facilita a relación entre empresas nas que interactúan fabricantes, distribuidores, comerciantes, provedores etc. Son importantes, polo tanto, as vantaxes que nos poden traer este tipo de plataformas ao noso negocio:

  • A nosa presenza en Internet favorece o incremento dos nosos clientes potencias, xa que nos poden ver máis facilmente que da forma comercial tradicional.
  • A utilidade que nos achega como canle de venda permítenos xestionar e tramitar de maneira sinxela e cómoda os pedidos que recibimos, dando lugar a un rexistro automático das facturas e as follas de pedido dos nosos clientes, así como do stock de produto do que dispoñemos en cada momento no almacén.
  • A posibilidade de configurar diferentes métodos de pago facilita o proceso de compra e que este sexa máis cómodo, o que nos dá unha vantaxe fronte á nosa competencia. Ademais, tamén se poden poñer a disposición da clientela varias formas de entrega, adaptándonos ás súas necesidades.
  • A zona privada de acceso para os clientes supón un rexistro para eles dos seus pedidos e a posibilidade de seguimento destes. Deste xeito, favorecemos a súa fidelización.

A aplicación deste tipo de plataformas non supón unha substitución dos sistemas tradicionais, senón un apoio ao departamento comercial. A miúdo predomina a idea de que as novas tecnoloxías substituirán as formas tradicionais de traballar, pero a maioría das veces supoñen un complemento.

Despois do tratado anteriormente, que alternativas dixitais utilizas para mellorar a túa xestión? O portal B2B é unha das solucións dixitais que se poden utilizar para modernizar a túa peme e mellorar a súa competitividade. O servizo de aplicación de solucións dixitais innovadores do programa Re-acciona TIC ofrece outras opcións ademais desa. Na web podes informarte sobre a convocatoria para solicitar os servizos de Re-acciona TIC, que está aberta ata o 31 de maio reacciona.igape.es.

Fonte: www.palbin.comunitel-tc.com