fbpx

E A REDE PRIVADA VIRTUAL UNHA ALTERNATIVA PARA A CIBERSEGURIDADE?

E A REDE PRIVADA VIRTUAL UNHA ALTERNATIVA PARA A CIBERSEGURIDADE?

É frecuente, cada vez máis, a necesidade de conectarse a internet para realizar xestións da nosa actividade empresarial dende un lugar diferente ao noso centro de traballo (acceso remoto). Isto supón conectarse a redes, a miúdo públicas, cuxa fiabilidade na liña é menor e ten máis riscos en termos de ciberseguridade, algo que se debe ter en conta se tratamos con datos sensibles ou á hora de que os nosos contrasinais poidan quedar ao descuberto.

A rede privada virtual, tamén chamada VPN (Virtual Private Network), é unha alternativa para as pemes para tratar de solucionar este inconveniente. Nestas redes os datos circulan de maneira encriptada e cifrada a través dunha especie de canle (túnel) dende onde esteamos conectados ao noso centro de traballo de maneira segura. Pódese dicir que nos conectamos de forma virtual á nosa rede de traballo local.

Polo tanto, resulta importante coñecer as vantaxes que achega unha rede privada virtual á nosa empresa:

  • A necesidade de descodificar os datos e arquivos cifrados asegura a confidencialidade destes aínda que sexan interceptados. Ademais, destaca a imposibilidade de modificalos ou alteralos na súa transmisión ao estar encriptados.
  • A restrición que obriga a que só os dispositivos autorizados e configurados poidan acceder á devandita información supón máis seguridade. Cómpre o uso de nomes de usuario, contrasinais ou certificados de autentificación para acceder a este tipo de redes.
  • A súa escalabilidade permite que se poida expandir a súa utilización a máis usuarios de forma fácil. Así mesmo, pódense ter diferentes tipos de perfís de usuarios con maior ou menor permisividade de acceso aos datos.
  • Os seus custos son baixos, por mor de que só supón un baixo investimento en hardware, de modo que se reducen os gastos de comunicación da túa empresa.
  • A súa alta velocidade na transmisión da información nestas redes tamén supón unha vantaxe.

A preocupación pola ciberseguridade é unha tendencia en alza a causa do camiño das empresas cara á industria 4.0. A fábrica intelixente está cada vez máis hiperconectada. Nelas  o teletraballo, así como os controis por acceso remoto, serán abundantes e iso fará máis necesaria a protección en temas de ciberseguridade.

Logo do tratado anteriormente, utilizas algunha rede virtual privada cando te conectas fóra do teu centro de traballo? No servizo de diagnose da aplicación de solucións dixitais do programa de Re-acciona TIC, un dos elementos relevantes na modernización tecnolóxica e dixital da empresa é a ciberseguridade. Ata o 31 de maio podes solicitar os servizos deste programa reacciona.igape.es/re-acciona-tic/ 

Fonte: www.ticbeat.comwww.incibe.es