
02 May LOGRAS CUMPRIR OS TEUS OBXECTIVOS EMPRESARIAIS?
Cando queremos levar a cabo unha nova estratexia empresarial ou desenvolver un plan de acción, é importante que fixemos uns obxectivos ou metas que desexamos acadar, de modo que establezamos que queremos conseguir e como imos a facelo. É unha clara orientación da nosa empresa cara a uns resultados, o que favorece unha maior motivación e implicación por lograr o que buscamos para o noso negocio.
O problema que nos encontramos a miúdo é que non adoitamos conseguir eses obxectivos que nos propoñemos porque nos equivocamos na maneira en que os establecemos. Supón unha tarefa que require o seu tempo e na que temos que analizarnos como empresa, para chegar a coñecer que metas e obxectivos nos propoñemos. Cómpre ter en conta unha serie de variables para que estes obxectivos sexan alcanzables:
- O obxectivo debe ser concreto, de maneira que estea claro para todo o mundo, que sexa identificable e se saiba en que consiste. A comunicación a todos integrantes é algo que se debe realizar de forma efectiva.
- O propósito ten que permitir medir o seu progreso, de forma que se poida constatar o éxito no seu alcance e ver o avance das nosas estratexias. Para iso teremos que utilizar unha serie de indicadores e métricas que nos permita analizar os resultados obtidos.
- A posibilidade de acadar o que nos propoñemos é algo que se debe ter moi en conta. É bo que nos poñamos retos e queiramos ser ambiciosos, pero queremos lograr os nosos obxectivos e que non sexan simples intencións, polo que deben ser alcanzables.
- Os recursos cos que contemos para levar a cabo esas novas estratexias ou a posibilidade de conseguir os nosos obxectivos tamén é algo que cómpre ter en conta. Debemos ser realistas coa nosa capacidade empresarial e a motivación que teñamos para seguir adiante con eles.
- O establecemento dunha planificación temporal resulta esencial. Debemos considerar o tempo no que queremos acadar os nosos obxectivos e canto nos vai levar a cabo conseguilos. Neste senso, podemos establecer obxectivos a curto prazo ou a longo prazo, ademais de que pode que haxa algúns que sexa máis urxentes ca outros.
Aconséllase non abandonar a nosa visión e dirección estratéxica de negocio, xa que é positivo enlazar os obxectivos e metas coa nosa estratexia empresarial. Ademais melloramos as nosas vantaxes competitivas, ao ter un maior coñecemento do sector e do mercado no que nos movemos, o que supón ter constancia de igual forma do que nos diferencia da nosa competencia e cal é a nosa potencialidade.
Tras o comentado anteriormente, pensa se logras cumprir os teus obxectivos empresariais. No servizo de desenvolvemento de plans de acción do programa Re-acciona realizar un seguimento da túa estratexia empresarial así como das túas metas é algo primordial. Recorda que proximamente contaremos cunha nova convocatoria de servizos deste programa.
Fonte: ivanmb.com, www.mujeresdeempresa.com, es.linkedin.com