fbpx

QUE COMPETENCIAS DIRECTIVAS POTENCIAS NA TÚA PEME?

QUE COMPETENCIAS DIRECTIVAS POTENCIAS NA TÚA PEME?

Cando na nosa empresa queremos desenvolver unha nova estratexia ou levar a cabo un novo plan de acción que afecte o seu futuro, hai que ter en conta tanto a implicación do persoal como a parte da empresa que se encarga de dirixir eses cambios.  Ambas as partes son pezas importantes no proceso de cambio que emprenda o noso negocio e resulta moi relevante a súa colaboración conxunta.

A miúdo préstaselle menos atención á parte directiva e esquécese o papel que desempeña na empresa. É por iso que se debe fomentar o desenvolvemento das competencias directivas que axuden a levar a cabo unha boa xestión, planificación e organización empresarial, de modo que teñan a capacidade de afrontar tamén os cambios que sexan necesarios.

As competencias directivas fan referencia ás capacidades e ás habilidades orientadas a conseguir un alto desempeño e calidade á hora de dirixir a túa empresa. Cómpre distinguir os diferentes tipos de competencias directivas a promover na nosa empresa:

  • As competencias que o persoal directivo ten cando se relaciona co círculo externo ao seu negocio, as chamadas competencias estratéxicas. Neste senso podemos falar de visión de negocio (identificar e aproveitar as oportunidades e nichos de mercado, así como recoñecer os riscos e ameazas), solución de problemas (saber facer fronte a unha mala situación), xestión de recursos (levar a cabo un óptimo uso dos recursos), poder de negociación e creación de redes de contactos dentro do sector.
  • No referente ás súas relacións co ambiente interno da empresa, temos que falar da importancia de ter competencias intratéxicas e a necesidade de ter capacidade de mando e liderado. A comunicación interna, tanto formal como informal, debe ser eficaz, de maneira que chegue de forma clara a todos os estratos que integran a empresa; debe haber unha boa organización á hora de asignar as tarefas, así como na planificación do traballo; cómpre saber delegar funcións e responsabilidades cando sexa preciso e favorecer un ambiente no que o traballo en equipo, así como a colaboración, sexa valorado.
  • As habilidades e as destrezas persoais propias da persoa que teñen que ver coa eficacia da súas accións. Podemos falar do valor de ser proactivo (ter iniciativa e creatividade, e autonomía na toma de decisións); o modo no que un mesmo se autoxestiona (ter disciplina e concentración); o desenvolvemento persoal (posuír autocrítica e coñecer os puntos fortes e débiles); e saber xestionar o persoal que está baixo o teu mandato.

Á hora de conseguir os obxectivos que nos propoñamos como empresa, queda claro que é importante establecer un método no que tanto a dirección como o resto de integrantes estean motivados e teñan claro a onde se quere dirixir.

Tras o comentado anteriormente, crees que estás potenciando as competencias directivas na túa peme? O servizo de desenvolvemento de plans de acción do programa Re-acciona considera este tema como algo fundamental para levar un proceso de cambio que mellore a túa peme. Se estades interesados en solicitar os servizos deste programa, permanecede atentos á web de Re-acciona.

Fonte: www.formulaenlosnegocios.comwww.gestiopolis.com