
18 Apr A importancia do factor humano na Industria 4.0
Cando falamos da industria 4.0 no primeiro que adoitamos pensar é nas novas tecnoloxías que se aplicarán nas empresas. Termos como o big data, a realidade virtual e aumentada, a simulación industrial, a impresión 3D etc. achégannos a un futuro no que as fábricas son intelixentes.
Cal é o papel do capital humano neste novo escenario industrial? Esta é unha cuestión que a miúdo se pon de manifesto na sociedade, xa que se considera que os avances tecnolóxicos, como a robótica industrial, substituirán as persoas no seu traballo.
Pero non debemos esquecer que o factor humano igualmente será clave na nova era industrial. Cómpre ter en conta que, a pesar de que a súa presenza será importante, os cambios non só serán a nivel tecnolóxico, senón que as persoas tamén se verán afectadas, ao verse obrigadas a adaptarse e a prepararse para as novas circunstancias que nos achega a industria 4.0:
- As organizacións externalizarán recursos e responsabilidades para tratar de adaptarse mellor aos cambios do mercado. Isto terá repercusión no modelo clásico de traballo, ao pasar dun sistema baseado no traballo presencial, vixiado e no que as horas extra son pouco produtivas, a un sistema que se caracterizará polo predominio do traballo a distancia, a estruturación do traballo en proxectos e a importancia de aprender a xestionar o noso tempo.
- Os empregados que adopten unha actitude proactiva ao cambio, que se caractericen por ter unha mentalidade flexible, que xire arredor da innovación e o coñecemento, terán menos problemas á hora de adaptarse a este novo contexto laboral.
- No mercado laboral abundará a oferta de postos de traballo máis cualificados, nos que a creatividade, saber ofrecer solucións aos problemas que xurdan así como os coñecementos en deseño de produtos serán relevantes e moi valorados.
- Nos labores e tarefas que sexan máis manuais e rutineiros, terán un papel importante as máquinas e a robótica colaborativa, de xeito que as persoas realicen oficios máis orientados ao control das máquinas e que impliquen menos riscos e máis coñecementos.
- Será moi importante a formación continua e flexible do traballador, para que non se quede obsoleto ante as mudanzas no mercado. Abandonar a permanente aprendizaxe non é unha opción neste novo contexto laboral.
O camiño á industria 4.0 provocará a desaparición de moitos postos de traballo que existen na actualidade, pero dará lugar a aparición de novos perfís profesionais. Polo este motivo, hai que ter en conta as novas habilidades e competencias que deben ter os novos empregados que necesitamos incorporar ás nosas empresas.
O comentado anteriormente, serviuche para valorar como está sendo a convivencia das persoas e as novas tecnoloxías na túa empresa? Se estás interesado na implementación da industria 4.0 na túa peme podes consultar os servizos dispoñibles do programa de Re-acciona TIC. Recorda que ata o 31 de maio podes solicitar os servizos deste programa reacciona.igape.es/re-acciona-tic/
Fonte: manuelguerrerocano.com, trabajadoresdelconocimiento, formacion-continua-en-la-industria-40/