fbpx

A planificación como clave para a xeración de beneficios na empresa

A planificación como clave para a xeración de beneficios na empresa

A miúdo no noso negocio centrámonos primordialmente en conseguir o maior número de vendas posible e deixamos de lado o deseño de plans de acción que nos vallan para ser máis competitivos a longo prazo. É relevante para a nosa peme trazar un esbozo da nosa actividade empresarial e de como a levamos a cabo, e instaurar parámetros para acadar as nosas estratexias. A pesar de que semella un asunto que só fai referencia ao futuro, afecta tamén ao día a día da empresa.

Podemos comezar avaliando como é a nosa situación actual, observar as nosas debilidades e fortalezas, e pescudar onde poderiamos mellorar e que poderiamos facer para conseguilo. Unha vez chegado a este punto, cómpre realizar unha planificación das nosas tarefas e de como debemos levalas a cabo, pois é unha boa solución para alcanzar os nosos obxectivos empresariais de maneira máis organizada e eficaz. A continuación veremos as razóns:

  • Establecemos metas e obxectivos que nos mostran a onde queremos ir na nosa empresa. É probable que saibamos cal é a nosa actividade empresarial, pero non teñamos claro como conseguir introducirnos en novos mercados ou que medidas tomar para aumentar a nosa produción.
  • Obtemos implicación por parte do persoal nos propósitos e logros da propia empresa. Comunicando cara a onde nos queremos dirixir no noso negocio e como logramos que todos os integrantes da empresa saiban de forma clara e precisa cales son as súas responsabilidades e tarefas, así como a maneira en que hai que levalas a cabo.
  • Conseguimos ter unha vantaxe competitiva grazas ao coñecemento que adquirimos da nosa posición no mercado e saber en que destacamos fronte á nosa competencia. Así mesmo, podemos indagar no mercado e atopar novas oportunidades de negocio que non estamos aproveitando e que nos poden achegar beneficios.
  • É un modo de diminuír a incerteza e os riscos de posibles cambios cos que non contamos e que se ven agravados se non dispoñemos dunha folla de ruta que nos diga como actuar neses casos. Implantar plans de actuación para situacións deste tipo permite que esteamos máis preparados e que nos poidamos adaptar máis facilmente a estes cambios.
  • Obtemos un prognóstico dos recursos que imos necesitar para levar a cabo as nosas actividades empresariais. Todos coñecemos a importancia de realizar un orzamento, polo que é importante coñecer as nosas necesidades.

Malia que a improvisación pode ser algo positivo nalgúns ámbitos, na empresa pode resultar negativo, debido a que podemos atopar unha falta de medios para levar a cabo esa acción, ao non ter avaliado a súa posible posta en marcha con anterioridade. É dicir, queremos diversificar a nosa produción, pero non estudamos a súa viabilidade co noso tecido industrial.

Despois de todo o dito anteriormente, pensa se levas a cabo algunha planificación na túa peme. Se non é así, podes consultar en que consiste o servizo de desenvolvemento de plans de acción do programa de Re-acciona. Abrirase pronto unha nova convocatoria para solicitar os servizos deste programa.

Fonte: pyme.lavoztx.compapelesdeinteligencia.com