fbpx

A NECESIDADE DE IMPLANTAR UN CADRO DE MANDO OPERATIVO PARA CONSEGUIR A OPTIMIZACIÓN DOS PROCESOS NA TÚA PEME

A NECESIDADE DE IMPLANTAR UN CADRO DE MANDO OPERATIVO PARA CONSEGUIR A OPTIMIZACIÓN DOS PROCESOS NA TÚA PEME

Canto temos un negocio, un dos aspectos que máis nos preocupa é saber se estamos a facer correctamente as cousas na nosa empresa, en especial, se coñecemos a relación que ten iso con obter uns bos resultados e o futuro que podemos ter como empresa. De aí a importancia de ter unha ferramenta que axude a levar un control e un seguimento do funcionamento e da evolución das nosas actividades e procesos.

Un cadro de mando operativo é unha alternativa de xestión empresarial e de medición, que se encarga do control e da avaliación de variables operativas, é dicir, do desempeño dos procesos e as actividades dos diferente departamentos ou áreas dunha empresa. A súa utilización supón unha serie de beneficios para a empresa:

  • Permite ver as fortalezas así como as debilidades e as limitacións que pode haber nos diferentes procesos.
  • É unha maneira de avaliar facilmente, debido a que a súa implantación non supón grandes dificultades e permite ter unha visión do funcionamento dos diferentes departamentos.
  • É unha forma de minimizar os riscos, grazas a ese control continuo que facilita a indagación de onde se encontra o fallo que provoca unha desviación da estratexia planeada.
  • Mellora a comunicación interna da empresa, ao facilitar o coñecemento dos obxectivos que se queren conseguir por parte de todo o persoal, ademais de aliñar as metas de cada departamento.
  • A súa implantación e consolidación supón unha intención de mellora continua así como da posición competitiva, pois optimiza os diferentes procesos e actividades da empresa.

Os indicadores, tamén chamados KPIS, que se poden utilizar para medir son variados, segundo o que nos interese analizar, ademais de que cambian en función do departamento. No departamento comercial podemos estar interesados en medir a cantidade de devolucións de produtos ou o nivel de satisfacción da clientela. No de recursos humanos quizais nos interese avaliar o absentismo laboral ou o índice de accidentes. No financeiro podemos coñecer o beneficio neto que estamos a ter ou o grao de rendibilidade, para saber se o uso dos nosos recursos financeiros está a ser óptimo. E no de produción pode que o que desexemos analizar sexa o tempo medio que tardamos en fabricar o noso produto.

Polo tanto, podemos ver a necesidade que teñen as empresas de ter un cadro de mando operativo que permita medir diferentes indicadores, para saber se os diferentes procesos están a funcionar de maneira óptima e conseguimos os nosos obxectivos. Na túa peme tes implantado algún cadro de mando operativo? Se non é así, podes informarte sobre o servizo de xestión de procesos que forma parte do programa de Re-acciona, do cal se encarga a empresa Serviguide.

Fonte: blog.es.logicalis.comwww.fullstep.com