fbpx

QUE VANTAXES ACHEGA A SIMULACIÓN INDUSTRIAL Á INDUSTRIA?

QUE VANTAXES ACHEGA A SIMULACIÓN INDUSTRIAL Á INDUSTRIA?

Cando tes un negocio, un dos aspectos que máis che importa é poder optimizar os procesos produtivos, así como reducir os custos, en especial se o que queres é innovar, introducindo un novo produto no mercado ou realizando melloras nalgunha das etapas da túa cadea produtiva, por medio dunha máquina máis avanzada ou a través dunha nova tecnoloxía.

Da man da industria 4.0 veñen diferentes habilitadores dixitais que favorecen o tránsito a unha industria cada vez máis dixitalizada e máis moderna, e que se poden aplicar no ámbito empresarial.

A simulación industrial é unha delas, unha ferramenta útil tanto para optimizar as decisións como para reducir riscos á hora de tomalas, que poden ir dende un posible investimento a comprar unha nova máquina ou contratar persoal. Esta técnica consiste nunha recreación virtual da realidade, a través da cal se pode examinar como funcionarían, por exemplo, novas plantas de produción ou produtos. Polo tanto, a través da simulación podemos conseguir diferentes obxectivos:

  • Permite avaliar a resposta do noso sistema produtivo ante unha circunstancia interna ou externa que afecte a nosa actividade (que quedemos sen stock no noso almacén). Desta maneira podemos prever a reacción do noso tecido produtivo e estudala.
  • Posibilita analizar a eficacia e a viabilidade de posibles cambios que queiramos introducir na nosa empresa. E, sen realizar estas modificacións tanxiblemente, podemos ver o éxito, por exemplo, dunha nova estratexia produtiva.
  • Favorece a localización dos fallos ou problemas que poida ter o noso sistema produtivo (lentitude na distribución do produto á clientela) e coñecer amplamente o funcionamento da nosa empresa.

Normalmente, na simulación é relevante propoñer unha serie de indicadores ou variables: o tempo que leva reparar unha deterioración ou un fallo técnico, canto duran os nosos ciclos produtivos ou o tamaño dos nosos stocks. Finalmente, avaliaríanse se os resultados obtidos son óptimos ou se son os esperados.

Consideras útil a simulación de procesos produtivos para sacar o máximo potencial da túa capacidade industrial? Se pensas que é unha boa opción, infórmate sobre o servizo de xeración de modelos e simulación industrial de Reacciona TIC.

Fonte: www.simergia.com, www.blog.cartif.comsimulacion ingenieria industrial.pdf