
02 Mar VANTAXES DA APLICACIÓN DA REALIDADE VIRTUAL NO ÁMBITO EMPRESARIAL
As empresas que viven inmersas na industria 4.0 incorporan diferentes tecnoloxías dixitais nos seus procesos produtivos, acercándose, desta maneira, a unha industria máis intelixente.
Neste caso imos a falar da realidade virtual, unha tecnoloxía de visión que simula a realidade, coa que todo o que vemos é virtual.
Aplicar esta técnica dixital no ámbito empresarial supón unha serie de vantaxes:
- Xeración de experiencias do produto coas que o consumidor pode probalo e ver as diferenzas coa competencia, así como as experiencias no punto de venda que poden atraer novas compras.
- Instrucións educativas de como se utiliza o produto e de todas as súas funcionalidades.
- Creación de novos produtos directamente na realidade virtual, o que pode supoñer unha diferenza fronte á competencia.
- Análise da reacción dos nosos clientes ante cambios da empresa ou o produto e coñecemento da estratexia que pode seducir máis os consumidores.
- Consolidación das relacións cos clientes, de maneira que a iteración con eles non sexa só a través de contidos nunha páxina web ou unha aplicación.
Se che atrae a posibilidade de poñer en marcha algún tipo de tecnoloxía relacionada coa realidade virtual e necesitas asesoramento, recorda que o servizo de diagnose das capacidades e aplicacións das solucións da industria 4.0 do programa Re-acciona TIC pode axudar a vosa empresa na súa dixitalización. Podes consultarnos na propia sección Re-acciona TIC da web do programa.