
28 Feb ESTRATEXIAS PARA MELLORAR A COMPETITIVIDADE DA EMPRESA
En xeral, un dos aspectos máis relevantes que as empresas teñen que coidar é a súa posición competitiva, xa que isto define a súa supervivencia no presente e no futuro dentro desta realidade empresarial interconectada, na que o que faga unha empresa afecta o resto de competidores.
A pesar de que non hai unha receita que asegure o éxito dun negocio e que permita conseguir unha boa cota de mercado e prestixio dentro do sector, existen unha serie de estratexias que se poden seguir para mellorar a competitividade da empresa:
- Analizar o mercado e o sector ao que pertence para diferenciarse da competencia, xerando valor engadido que favoreza a posición da marca. O que queremos é que os consumidores escollan os nosos produtos, polo que a innovación e creación doutros novos pode ser unha boa idea.
- Tratar de optimizar os procesos de organización dentro da empresa, xestionando mellor o tempo dunha maneira máis viable e produtiva.
- Buscar novos mercados por medio da internacionalización, atraendo novos clientes noutros países ou mercados, e aumentar así tamén a nosa rede de contactos. Pode que se estean desperdiciando posibles clientes dos nosos produtos.
- Reducir custos e optimizar recursos nos procesos operativos de produción, con máquinas máis avanzadas ou botando man das novas tecnoloxías. Isto pode axudar a ter uns prezos máis baixos e máis competitivos, grazas aos que cubrimos mellor os nosos custos.
Non hai que esquecerse de que, para que todo o mencionado anteriormente funcione, débese ter en conta o capital humano e contar cun equipo comercial competitivo. Para conseguir iso, cómpre fomentar aspectos como a motivación, a colaboración, o compromiso e a comunicación interna.
Finalmente, tamén hai que prestarlle atención á satisfacción dos clientes cos produtos da empresa, xa que a forma en que se produza a relación cos consumidores e a maneira de comunicarse con eles pode ser clave para establecer unha boa relación.
Tes un plan estratéxico para mellorar a competitividade da túa empresa? Se non é así, consulta os servizos ofrecidos polo programa Reacciona, como a análise do potencial competitivo da túa empresa. Recorda que ata o 28 de febreiro está aberto o prazo para inscribirse.