
23 Feb SOLUCIÓNS DIXITAIS. POR QUE A TÚA EMPRESA DEBE VENDER E ESTAR NA REDE?
Un dos requirimentos imprescindibles para a obtención de tráfico e para incrementar a cifra de vendas é ter unha boa estratexia de marketing en liña. Para as pemes, incorporarse ao mundo do comercio electrónico xa non é unha opción. É case unha obriga.
Algunhas das razóns polas que as empresas deberían vender os seus produtos na rede son as seguintes:
- É un mercado en crecemento. España conta con máis de 30 millóns de usuarios de internet. Unha de cada dúas persoas busca información en liña.
- É máis barato promover e atraer clientes grazas ás ferramentas de marketing. Internet ofrece novas opcións e publicidade máis baratas que as tradicionais. Grazas ao posicionamento SEO dáse a posibilidade de aparecer entre os primeiros postos de resultados de busca en Google.
- Permite aproveitar os dispositivos móbiles. Máis de cinco millóns de españois conéctanse á rede dende o móbil. O seu uso complementa a actividade nas tendas físicas, xa que o internauta busca a información que máis se adapte ás súas necesidades sen ter que percorrer as rúas en busca das tendas. Ademais, a empresa pode gañar cartos a través da clientela móbil e a xeolocalización.
- Se a páxina web ten boa usabilidade e un deseño atractivo, increméntase o valor da experiencia de compra. As funcionalidades dunha tenda en liña permítenlles ofrecer descontos especiais ou regalos aos seus clientes.
- É unha maneira sinxela de internacionalizarse, xa que, deste xeito, un negocio local pode chegar a mercados internacionais.
- Na rede, a empresa exponse a un público obxectivo moito máis amplo que o dunha empresa física, xa que os produtos se atopan ao alcance de calquera internauta, en calquera momento e a calquera hora.
- Unha das razóns máis importantes para estar na rede é a competencia. De seguro as empresas competidoras dispoñen de páxina web.
Na actualidade, cada vez que escoitamos o nome dunha empresa, imos deseguida a buscala a Google. O feito de non atopar dato ningún sobre unha compañía en internet pode facer que esta perda credibilidade e pódese perder a oportunidade de que esa persoa sexa no futuro unha posible compradora. Hoxe en día, se non estás na rede, non existes.
É por todas estas razóns polas cales aparecer en internet é unha das prioridades que se debe abordar.
Se a vosa peme está interesada na diagnose da aplicación de solucións dixitais ou ben na súa posta en marcha, na sección web do programa Re-acciona TIC poderedes consultar os diferentes servizos ofertados para cubrir as devanditas necesidades.