fbpx

Os beneficios da tecnoloxía cloud para a empresa

Os beneficios da tecnoloxía cloud para a empresa

Seguramente que en milleiros de ocasións escoitastes falar da xestión da empresa na nube ou cloud computing, pero o certo é que, a pesar de empregar estes termos case a diario, aínda non temos totalmente claro en que consiste o cloud computing e en que podería beneficiar a implementación desta tecnoloxía ao funcionamento das empresas.

O concepto cloud computing fai referencia a unha concepción tecnolóxica e un modelo de negocio no que se prestan servizos de almacenamento, acceso e uso de recursos informáticos esencialmente radicados na rede. Antes de pasar a comentar as vantaxes de contar con esta tecnoloxía na nosa empresa, é necesario puntualizar que existen tres tipos diferentes de software de cloud computing, IaaS, PaaS e SaaS, cuxa elección depende das propias necesidades do negocio.

Dito isto, cómpre formular a seguinte pregunta: que fai do cloud computing unha tecnoloxía tan atractiva para as empresas? A continuación citamos cinco motivos polos que calquera negocio se decantaría pola súa implementación:

  • A súa vantaxe principal é a posibilidade de acceder a ela en calquera lugar e en calquera momento, por suposto sempre que contemos con conexión a internet.
  • En segundo lugar están os custos. Estes son moito menores que unha instalación de hardware e software nunha infraestrutura propia. Ademais, debemos ter en conta que a súa facturación varía en función do consumo, é dicir, os usuarios de cloud pagan polo que gastan. Segundo o informe Cloud computing. Retos e oportunidades, do Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (ONTSI), as pemes poden aforrar ata un 68,1%.
  • En terceiro lugar a escalabilidade, isto é, págase polo que necesita a empresa, de modo que se xera unha infraestrutura a medida.
  • En cuarto lugar atópase a inmediatez. Esta tecnoloxía permite evitar os longos períodos de espera que se producían cando na empresa se precisaba realizar a instalación da infraestrutura de computación e o desenvolvemento de aplicacións.
  • Por último, e non por iso menos importante, esta tecnoloxía permite recuperar toda a información ante posibles incidentes. A maioría dos provedores de cloud computing contan, como mínimo, con dúas copias de seguridade, o que garante a recuperación dos datos.

 

As previsións din que para o ano 2020 o mercado do cloud acadará os 270 000 millóns de dólares. Despois de todo o que vos contamos, levariades a vosa empresa á nube? Se a resposta é un si, recordade que servizos coma o de diagnose da aplicación de solucións dixitais ou o de aplicación de solucións en mobilidade do programa Re-acciona TIC facilitaranvos ese paso. Podedes consultalos na sección Re-acciona TIC da web do programa.

Fonte: brands.elconfidencial.com; www.cloudcomputingtoday.info; www.ticbeat.com