
02 Feb A tecnoloxía wearable no contorno da fábrica intelixente
A industria 4.0 depende do desenvolvemento de tecnoloxías como os sistemas ciberfísicos, as redes de comunicación, as tecnoloxías de simulación e modelado, o big data e o cloud computing na propia factoría. En liña con este desenvolvemento, atopamos un dos retos da industria 4.0, que é o que está relacionado con proporcionar ferramentas de apoio ás traballadoras e aos traballadores e é aquí onde comeza a desempeñar un papel importante a tecnoloxía wereable ou poñible. A esencia desta tecnoloxía é a de converter en intelixente aquilo que de forma habitual levamos posto.
Centrándonos no contorno de traballo, os wereables que teñen maior potencial son os dispositivos de visión, que inclúen as lentes de realidade aumentada e os reloxos intelixentes. A continuación entraremos a detallar ambas as tecnoloxías:
- As lentes intelixentes empregadas no contorno da fábrica 4.0 permiten un uso intensivo da realidade aumentada para traballar en novos escenarios onde a colaboración ser humano-máquina e entre as persoas desencadean novos modelos produtivos. Por tal motivo, dise que os dispositivos de realidade aumentada guiarán nun futuro non moi afastado o persoal traballador en numerosos procesos de fabricación e que traerán como resultado procesos máis eficientes.
- Os reloxos intelixentes son os dispositivos que presentan maiores posibilidades no contorno laboral, sobre todo nas contornas de fabricación e manufactura, pois presentan a característica de estar sempre prendidos e ademais permiten a multitarefa, a recepción de notificacións en tempo real e ter localizado ao traballador ou traballadora.
En resumo, as vantaxes que presentan os wearables na factoría intelixente son claras e céntranse nas capacidades para proporcionar datos en tempo real e realizar un seguimento en procesos complexos.
Fonte: www.ituser.es ; informe da División de Tecnologías Multimedia del Instituto Tecnológico de Aragón (ITAINNOVA); www.ticbeat.com