
28 Jan H2 HYDROPONICS
Razón social: H2 Hydroponics
H2 Hydroponics acolleuse ao programa Reacciona do Igape para incorporar melloras da competitividade en ámbitos como desenvolvemento do produto, xestión e comercial.
É unha empresa de desenvolvemento tecnolóxico no ámbito agrícola que aposta por técnicas en crecemento que están a revolucionar as formas de produción de alimentos, dado que fan posibles cultivos en lugares con climas extremos, desde a Antártida aos desertos. A compañía desenvolve os seu propio sistema hidropónico no seu centro de investigación en Nigrán, un invernadoiro que incorpora as máis avanzadas tecnoloxías de control ambiental, rego e fertilización conectados a móbiles. Un sistema, o H2Hybrid, que permite aos usuarios a optimización dos recursos e o control a distancia dos seus cultivos, reducindo nun 80%, con respecto a outros sistemas, o consumo de auga necesaria e conseguindo importantes aforros tamén nos gastos eléctricos ou nos custos de instalación.